Como facer correctamente a/s solicitude/s:
¿Cando?: Dentro do prazo establecido nas convocatorias.
¿Onde?: No Portal do Persoal
¿Como?: Seleccionando no menú, nesta orde:
- Solicitudes
- Solicitudes de formación
- Seleccionar, no desplegable, a convocatoria que recolla a formación que queremos solicitar
- Cargar datos. Entón aparecerán as Acción Formativas, e seleccionaremos as que nos interesen, indicando a orde de preferencia.
- Gravar e enviar.
Como facer varios envíos de solicitudes:
¿Cando?: Sempre que estea aberto o prazo de solicitudes.
¿Onde?: No Portal do Persoal
¿Como?: Seguindo os mesmos pasos que no punto 1, volvendo a marcar a formación solicitada no primeiro envío, salvo que se queira anular.
IMPORTANTE: Quedan anuladas as solicitudes feitas nun envío se posteriormente se fai outro envío con novas solicitudes, sen que consten as do primeiro envío. Cada envío anula ao anterior.
NOTA: Os criterios de selección son os establecidos en cada convocatoria de formación.