Solicitude do permiso de ausencia para formación
Cada empregada/o dispón dun crédito de 60 horas de formación voluntaria, anual, dentro do horario laboral, sempre que as necesidades do servizo o permitan. Para iso é necesario contar co permiso de ausencia, autorizado pola/o responsable superior.
Como solicitar o permiso de ausencia para participar en formación dentro do horario laboral:
- ¿Cando?: Cando estean publicadas as listas provisionais de admitidas/os, debendo estar autorizados antes da publicación das listas definitivas.
- ¿Onde?: No Portal do Persoal.
- ¿Como?: Seleccionando no menú, nesta orde:
- Xestión de solicitudes
- Solicitudes
- Solicitudes de ausencias
- Premer na icona de Permisos e licenzas PAS, cubrir os datos e seleccionar a ausencia para Cursos de formación e perfeccionamento. Gravar e enviar. A cancelación pode efectuarse na mesma páxina.