Introdución: María Jesús Lorenzo-Modia; Tradución e notas: Carmen María Fernández Rodríguez
Idioma: inglés - galego
Esta edición pretende botar unha ollada ao teatro británico de autoría feminina no século XVIII desde unha perspectiva de xénero, o que supón un labor innovador dentro da investigación feita en Galicia, xa que é a primeira vez que se traducen ao galego[1] The Witlings (1779) e A Busy Day; or, an Arrival from India (1800-1802), dúas obras teatrais de Frances Burney (1752-1840), unha das autoras inglesas máis importantes daquel tempo.