REVISTAS PECHADAS:
As seguintes revistas xa non están en activo pero poden ser consultadas a través das seguintes ligazóns
Dirección: Carmen Parrilla García
ISSN: 1695-7733 (impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC)
2003–2009
Cancionero General é unha revista de periodicidade anual editada polas universidades da Coruña e Vigo. O seu obxectivo era acoller traballos de investigación que contribuísen ao estudo e interpretación da poesía cancioneril do século XV. Todos os seus números están dispoñibles con acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.
Dirección: Emilio Blanco Gómez, Elena Cantarino
ISSN: 1697-2775 (impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC)
2004–2009
Conceptos. Revista de investigación graciana ten a vocación de ofrecer un medio, a investigadores e lectores interesados na figura e a obra do belmontino Baltasar Gracián, para moverse con sentido entre as súas follas. A de establecer un lugar de reflexión ao redor da palabra e o pensamento do xesuíta a través da análise dos distintos conceptos presentes na súa dilatada e fecunda obra para comprendela mellor.
Sen descartar algún número ocasional consagrado a algún autor próximo, ou a algún tema estreitamente relacionado coa obra do xesuíta, a revista nace, pois, con carácter monográfico. Está dispoñible con acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.
Dirección: Ramón González Cabanach
ISSN: 1134-1114 (impresa)
1988–1999
A Revista Galega de Psicopedagoxía recollía nas súas páxinas artigos e outras aportacións das áreas da pedagoxía, a psicoloxía, a educación, así como doutras fronteirizas que puidesen aportar avances ou novas perspectivas a aquelas. Ata 1999 deu á luz dezanove números de periodicidade semestral.
Dirección: Alfonso Barca Lozano
ISSN: 2183-6562 (vols. 1-20 impresos; v. 21 en CD-ROM; dixitalizada con acceso aberto en RUC)
1997–2013
Continúase na Revista de Estudios e Investigación en Psicoloxía e Educación [REIPE]
A Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación fundouse en 1997 a raíz da celebración do II Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, cunha forte vocación interdisciplinar. Desde os seus comezos foi editada conxuntamente pola Universidade do Minho (Braga, Portugal) e a Universidade da Coruña. Recolle traballos de carácter empírico que estean realizados con rigor metodolóxico e que supoñan unha contribución ao desenvolvemento de calquera ámbito da Educación e da Psicoloxía. Tamén acolle traballos de natureza teórica, con preferencia para aqueles que se comprometan con cuestións críticas da investigación e discutan aspectos polémicos. Está dispoñible en acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.
Revista-e | Web | RUC| Dialnet | RESH