SERVIZOS PROPIOS DA RESIDENCIA
A Residencia conta cos seguintes servizos a disposición dos estudantes aloxados nela:
- Cociña: equipada con placas de indución, neveiras, conxelador, microondas e fornos eléctricos
- Sala de ocio: con un pequeno equipamento deportivo ( mesa de ping-pong, colchonetas, pelotas de pilates)
- Sala de estudo
- Salas de estar: dotadas de sofás, mesas e televisión
- Pista deportiva
- Wifi UDC en todo o edificio
- Calefacción
- Persoal da Universidade as 24 horas do día.
SERVIZOS CERCANOS Á RESIDENCIA
Ao estar situada no centro da cidade, no barrio da Madalena e limitando co barrio de Canido, a Residencia está cerca da maioría dos servizos da cidade:
- A estación de tren (Adif e Renfe) e a de autobuses ( Alsa, Arriva e Monbús) atópanse a 5 minutos camiñando
- A 5 minutos están os puntos de bicicletas municipais, dos que dispoñen os dous campus que ten a Universidade da cidade de Ferrol
- A esa distancia están tamen as paradas de autobús para o campus de Serantes (Monbus) e para o campus de Esteiro ( Tranvias de Ferrol- Linea 4)
- Bibliotecas, teatro, museos, salas de exposicións, Concello, Xunta de Galicia, supermercados, farmacias, tendas de material deportivo, e demais están nos arredores da Residencia.