Bolsas propias de comedor da UDC. Curso 2024/25

Coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades das familias con rendas baixas, a Universidade da Coruña (UDC) publica a convocatoria de bolsas propias de comedor para o estudantado matriculado nun centro propio da UDC en estudos oficiais de grao ou máster, a tempo completo, no réxime presencial, e que manteña a matrícula durante todo o curso académico 2024/25.

O importe de cada bolsa ascende a cincocentos euros (500,00 €), que se aboarán nun único pagamento.

Revisa as bases completas da convocatoria na seguinte ligazón:
Convocatoria de bolsas do plan propio da Universidade da Coruña- bolsas comedor, curso 2024/25  

 

Só poderás solicitala se cumpres polo menos un dos seguintes requisitos:

  1. Estar aloxado/a durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o estudantado da UDC, (Resolución reitoral do 24/05/2024), publicada no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC o 27/05/2024. Deberán ademais estar ao corrente no pagamento dos recibos.
  2. Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o estudantado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25.
  3. Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC, para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25

 

prazo para presentar a túa solicitude serán un dos seguintes:

1º prazo: desde o seguinte día hábil á publicación desta convocatoria ata as 23:59 horas do día 31/10/2024

- Para o alumnado aloxado, durante todo o curso académico 2024/25, nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña

- Para o alumnado que teña unha axuda concedida do Programa Abriga do plan propio da UDC

2º prazo: Unha vez publicada, no Taboleiro Electrónico Oficial da UDC, a resolución coa concesión das axudas por dificultades económicas do curso 2024-2025, ábrese este prazo dende o 7 de maio ata o 15 de maio de 2025.

- Para o alumnado que teña concedida unha axuda da convocatoria da UDC por dificultades económicas no curso 2024/25

 

Para presentar a súa solicitude debe encher o formulario que atopará premendo no seguinte botón.

Ao dito formulario só  poderán acceder, nos correspondentes prazos indicados, as persoas que cumpran algún dos devanditos requisitos

 

Novas relacionadas con esta noticia

LIstaxe Definitiva Bolsas Comedor 2024-2025 (2º prazo de solicitude)

Podes consultar a publicación da listaxe definitiva de axudas concedidas na seguinte ligazón:

Listaxe Definitiva Comedor 24-25 (segundo prazo)

O prazo de aceptación remata o 12/06/2025. Lembra que é imprescindible a aceptación da bolsa e a alta dunha conta bancaria na UDC,  tal e como se indica na propia resolución.

Listaxe provisional Bolsas Comedor 2024-25 (2º prazo de solicitude - Alumnado coa axuda de dificultades económicas concedida)

Podes consultar a publicación da listaxe provisional de axudas concedidas no segundo prazo de solicitude (alumnado coa axuda de dificultades económicas concedida) na seguinte ligazón:

Listaxe Provisional Bolsas Comedor 24-25