Programa de Formación Específica "Patrimonio Cultural: Coñecemento, Conservación e Difusión"

 Banner Postgrao Patrimonio 2024-2025
INTRODUCIÓN

Conforman o patrimonio cultural unha serie de manifestacións tanto materiais como inmateriais que temos herdado como legado, que están presentes na nosa vida cotiá e que temos o dereito a desfrutar, pero tamén o deber de coñecer e conservar. Este programa proporcionará unha aproximación a moitas delas a través dunha combinación equilibrada de teoría e práctica, que permitirá ao alumnado participante adquirir uns coñecementos sólidos sobre o patrimonio cultural, a súa conexión co medio natural, así como habilidades prácticas para a súa conservación e difusión. Prestarase ademais unha especial atención ao patrimonio vinculado á Universidade da Coruña, a miúdo descoñecido para a propia comunidade universitaria.

 

XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA

O patrimonio cultural é inherente ao ser humano, que é quen o crea, o desfruta, e ten a obriga de transmitilo e conservalo. É habitual que exista unha preocupación pola educación ambiental, non obstante, non sucede o mesmo coa educación patrimonial. Con frecuencia este importante legado colectivo é descoñecido, pasa desapercibido ou non existe conciencia do seu valor e da necesidade de conservalo para as xeracións futuras. O seu mantemento ten que ir ligado á memoria e á súa comprensión no seu contexto orixinal e actual. Ademais de tratar de transmitir todos estes aspectos, a partires do estudo do patrimonio dende as súas bases teóricas e as súas diferentes tipoloxías, porase o foco de maneira específica no patrimonio da Universidade da Coruña e a súa contorna, presente nos diferentes campus, que con frecuencia pasa inadvertido para a sociedade e para a colectividade universitaria.

Ademais dunha ampla base teórica, a docencia apoiarase no estudo de casos e no contacto directo cos recursos patrimoniais a través de visitas e traballo de campo.

 

CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO PROGRAMA DE FORMACIÓN ESPECÍFICA "PATRIMONIO CULTURAL: CONOCIMIENTO, CONSERVACIÓN E DIFUSIÓN"

Condicións de acceso:

  • A única condición de acceso ao programa será estar en posesión do Título de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña.

Número de admitidos/as:

  • Ofertaranse 55 prazas

Lugar de impartición:

  • Sede da Universidade Sénior na Coruña

Plan de estudos:

O programa de continuidade que se propón consta dun único curso académico cunha duración de 30 semanas (outubro - maio). O alumnado cursará 9 materias obrigatorias organizadas en tres módulos, cunha duración cada un deles de 10 semanas, ata completar un total de 90 horas anuais = 9 créditos.

Programación do curso:

A dedicación das persoas inscritas será de 3 clases semanais ao longo de todo o curso académico (outubro a maio). As sesións teóricas serán impartidas na aula os xoves de 16:30 a 18:20 horas e os venres de 10:00 a 10:50. Serán sesións de 50 minutos.

Ademáis, está previsto realizar en cada módulo algunha visita programada a un lugar de interese, coordinada polos docentes en relación coas temáticas impartidas.

A asistencia será obrigatoria.

Prezo da matrícula:

  • 166 euros (inclúe seguro escolar)

 

SOLICITUDE DE PRAZA (PREINSCRICIÓN) E MATRÍCULA:
  • Preinscripción online: do 3 ao 22 de xuño
  • Sorteo público de prazas: o 23 de xuño.
  • Matrícula online:
    • 1º chamamento: do 24 ao 29 de xuño
    • 2º chamamento: do 1 ao 6 de xullo
      • Completada a totalidade das prazas, a matrícula está pechada (07/07/2025)
    • 3º chamamento: do 8 ao 13 de xullo

 

Preinscrición e Matrícula

 


Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior na Coruña:

 

Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Solicitude de cita previa

 


pe-páxina-web