European Workshop

TALLER EUROPEO: CURSO 2021-2022

Prof. Dra. María del Pilar García de la Torre - Profesora Titular de Universidade

Prof. Dra. Begoña Crespo García - Catedrática de Universidade

 

 

Descrición xeral da materia:


O Taller Europeo ven sendo dende o ano 2003 a canle pola que o alumnado da Universidade Sénior participa de xeito activo na Internacionalización da Universidade Sénior, mediante a súa implicación activa nas redes e nos proxectos educativos de dimensión internacional e europea dos que fai parte a Universidade Sénior.

Por este motivo, cada curso académico, os contidos e o marco do Taller Europeo vai mudando para adaptarse tanto aos proxectos dos que a Universidade Sénior é socio, como ás inquedanzas formativas e de participación social do alumnado. Sempre nun contexto educativo intercultural e de cidadanía europea.

Obxectivos:

  • Promover unha cidadanía europea activa entre os estudantes sénior
  • Favorecer a adquisición de novos coñecementos e habilidades mediante unha metodoloxía activa e participativa
  • Mellorar as destrezas e recursos xa adquiridos polos alumnos e alumnas, e maila adquisición de novos recursos e competencias
  • Potenciar actitudes e destrezas para a aprendizaxe: aprender a aprender e aprender para compartir
  • Fomentar unha maior adaptación ás necesidades e potencial individual dos estudantes sénior
  • Facilitar a formación en linguas estranxeira, nomeadamente a lingua inglesa e maila portuguesa, e no uso das TIC, con carácter instrumental.


Contidos:

No curso 2021-2022, os contidos do Taller Europeo estarán vencellados aos seguintes proxectos e iniciativas de caracter internacional que desenvolverá a Universidade Sénior:

  • Proxecto Erasmus+ “Women 55+ /vs/ COVID-19”. Trátase dunha Asociación de Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas entre institucións de educación de adultos de diferentes paises europeos (Polonia, Eslovaquia, Letonia, Turquía e España), centrada no apoio mediante a creatividade da adquisición de competencias e habilidades de aprendizaxe para o desenvolvemento persoal e social, incrementando a inclusión social.
  • Iniciativa “En-RED-Versad@s” – Clube de Poesía on-line, para a aprendizaxe das TIC e o achegamento á lingua portuguesa e a cultura da lusofonía, con socios en Portugal.
  • Outras iniciativas que puideran xerarse ao longo do curso, derivadas dos convenios biletarais que ten asinados a Universidade Sénior con outras institucións de educación de adultos europeas (Bélxica, Italia, Portugal, ...).

 

Metodoloxía docente:

A metodoloxía do Taller será eminentemente activa e participativa, incluíndo traballo en grupo, clases prácticas, saídas de campo, ... xunto con sesións maxistrais e conferencias; e combinando, mediante técnicas de Blended Learning, o proceso de ensino-aprendizaxe presencial, mediante sesións quincenais de dúas hora, co uso de diferentes ferramentas de teleformación e comunicación on-line, recursos para o traballo colaborativo en internet, ... coa finalidade de acadar a creación e funcionamento dunha auténtica comunidade de aprendizaxes compartidos e de prácticas baseadas na cooperación e o apoio mútuo.