Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Carballo

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_Carballo-2023 (c) cartaz_Carballo 2023

En colaboración co Concello de Carballo, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Carballo, este proxecto formativo consta de tres módulos:

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais  
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Victoria de León Sanjuán 14 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. A Dirección Artística no Cine.
Elena Martín Cancela 15 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros
Manuel Gómez Suárez 21 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics.
     
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía  
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Sergio Rodríguez Roiloa   28 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión
Gloria Mª González Fortes   29 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes
Álvaro Michelena Grandío 4de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas
     
  MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Carlos Freire Rodríguez 11 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico
Salvador Fojón Polanco 12 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias
Luis Saleta Canosa 18 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes.
     
Xornada de visitas académicas na Coruña e clausura: 26 de novembro

 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase unha vez máis ás persoas maiores de 50 anos de Carballo, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Carballo

More