En colaboración co Concello de Cee, o Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Cee e maila súa comarca, este proxecto formativo consta de tres módulos:
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais |
|
DATAS |
ACTIVIDADE |
Xoves, 12 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00 |
Sesión teórica “Tipoloxía e significado dos cruceiros en Galicia” e Visita ao Museo Fernando Blanco de Lema. Prof. Álvaro Iglesias Maceiras |
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía |
|
DATAS |
ACTIVIDADE |
Xoves, 19 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00 |
Sesión teórica “A ría de Lires, unha contorna ambiental, social e economicamente sustentable”, e Saída de Campo á Ría de Lires e piscifactoría Tres Mares Prof. Javier Cremades Ugarte |
MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde |
|
DATAS |
ACTIVIDADE |
Xoves, 26 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00 |
Sesión teórica “Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico” e actividade práctica Profa. Isabel Raposo Vidal |
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase por vez primeira ás persoas maiores de 50 anos de Cee, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Cee