Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Arteixo

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_Arteixo-2023 (c) cartaz_Arteixo-2023

En colaboración co Concello de Arteixo, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Arteixo, este proxecto formativo consta de tres módulos:

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

Programa 2025 – Arteixo

 
MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Victoria de León Sanjuan 13 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. A Dirección Artística no Cine.
Manuel Gómez Suárez 14 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.   A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics.
Elena Martín Cancela 23 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros.  
 
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Sergio Rodríguez Roiloa   27 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión
Gloria Mª González Fortes 28 de outubro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes»
Álvaro Michelena Grandío   3 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas
 
  MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Salvador Fojón Polanco 10 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. O cambio climático: causas e consecuencias
Luis Saleta Canosa 11 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica. Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes
Carlos Freire Rodríguez 17 de novembro, de 17 a 19 horas Sesión teórica.  Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico.
 
Xornada de visitas académicas na Coruña: 19 de novembro

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Arteixo

More