Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes de García Rodríguez

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

 

En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado deTitulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegan a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

9 de marzo, de 17 a 19 h.

“O Xigante Esperto: China, a gran descoñecida”

Prof. Iván Nieto Cerderiña

11 de marzo, de 17 a 19 h.

“Arte de vangarda: manual de instrucións”

Prof. Fernando Agrasar Quiroga

16 de marzo, de 17 a 19 h.

“A xustiza penal en España: mitos e realidades”

Profa. Eva Mª Souto García e José Antonio Ramos Vázquez

MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

23 de marzo, de 17 a 19 h.

“A revolución dixital na xestión da auga”

Prof. Miriam Timiraos Díaz

25 de marzo, de 17 a 19 h.

“O coche do futuro moverase con hidróxeno?”

Profa. Socorro Castro García

6 de abril, de 17 a 19 h.

“Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía”

Prof. José Antonio Cortés Vázquez

MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

13 de abril, de 17 a 19 h.

“Cerebro: memoria, sono e rock and roll”

Prof. Casto Rivadulla Fernández

15 de abril, de 17 a 19 h.

“Evolución ou extinción: eu decido”

Profa. Esther Fernández Fernández

20 de abril, de 17 a 19 h.

“Cambio climático: causas, consecuencias e solucións”

Prof. Salvador Fojón Polanco

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes