En colaboración co Concello de Ortigueira, a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha nova edición, xa a 5ª, do Programa de Democratización do Coñecemento, coa financiación da Xunta de Galicia.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos da comarca de Ortegal, este proxecto formativo consta de tres módulos:
MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
Victoria de León Sanjuán | 7 de abril de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. A dirección artística no cine |
Manuel Gómez Suárez | 8 de abril de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. A xestión do común: unha visión desde a economía e os comics |
Elena Martín Cancela | 23 de abril de 2025, 17 a 19 | Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros |
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
María José Serviá García | 28 de abril de 2025, 17 a 19 | Sesión teórica. Historia dalgunhas invasións biolóxicas en Galicia e a súa xestión actual |
Gloria Mª González Fortes | 29 de abril de 2025,17 a 19 | Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes |
Álvaro Michelena Grandío | 5 de maio de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas |
MODULO 3. Ciencias da Vida e da Saúde | ||
DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
Luís Saleta Canosa | 12 de maio de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. Vacinas e Antibióticos |
Salvador Fojón Polanco | 13 de maio de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias |
Carlos Freire Rodríguez | 19 de maio de 2025, de 17 a 19 | Sesión teórica. Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico |
Xornada de Visitas – Clausura e entrega de diplomas, 20 de maio
O día 20 de maio terá lugar unha xornada de visitas e actos académicos na Coruña, e ao seu final, celebrarase o Acto de clausura e farase a entrega de diplomas ós participantes.
As sesións terán lugar no Teatro da Beneficencia (Ortigueira, A Coruña) .
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Ortigueira