Preguntas frecuentes

Neste apartado incluiranse as dúbidas mais comúns en relación a SIGMA, tanto referentes á súa configuración como á súa utilización.

 

P1: Cal é a dirección a través da que teño que acceder a SIGMA?

Para acceder a SIGMA existen dúas direccións: https://academica.udc.gal e https://academica.udc.gal:2443

 

P2: Qué diferenza existe entre unha e outra dirección de acceso a SIGMA?

A primeira das direccións (https://academica.udc.gal) permite o acceso á páxina de produccion, é dicir, a páxina que poderíamos considerar "real" e na que as accións que se levan a cabo nela teñen efectos reais; trátase, polo tanto, do denominado "contorno de traballo".

A segunda das direccións (https://academica.udc.gal:2443) permite o acceso á páxina de preproducción, é dicir, á páxina que poderíamos considerar "ficticia" e na que as accións que se levan a cabo nela non teñen efectos reais; trátase, polo tanto, do denominado "contorno de probas".

 

P3: O contorno de probas ten os mesmos datos que o contorno de traballo?

Non sempre coinciden os datos que figuran no contorno de probas e no contorno de traballo, xa que, por un lado, o que se graba no contorno de probas nunca se traslada ao contorno de traballo, e por outro lado, unicamente cada certo tempo faise unha copia do contorno de traballo no contorno de probas.

 

P4: Qué claves de acceso utilizo para entrar en SIGMA?

O acceso a SIGMA, tanto no contorno de traballo como no contorno de probas, realízase a través das claves persoais de cada un.

 

P5: Teño acceso a todo o contido de SIGMA?

Non. Baixo o principio de "acceso mínimo", as distintas Unidades e Subunidades nas que se dividíu a UDC teñen acceso unicamente ás aplicacións que se consideran necesarias para desenvolver a súa labor.

 

P6: Cómo obteño o acceso ás aplicacions coas que teño que desenvolver a miña labor?

Neste caso temos que diferenciar dous escenarios:

  • Durante a fase de implantación de SIGMA: cada vez que se incorpore unha nova aplicación, a Unidade SIGMA comunicarao ás Unidades afectadas para que identifiquen ás persoas que deberían ter acceso a ela. Unha vez recibida a resposta, daranse de alta os permisos das ditas persoas. Se durante a fase de implantación de SIGMA ten lugar a incorporación dunha nova persoa, o responsable da Unidade debe comunicalo á Unidade SIGMA para que esta proceda a concederlle os permisos que necesita.
  • Finalizada a fase de implantación de SIGMA: cada vez que se incorpore unha nova persoa a unha Unidade, o seu responsable debe comunicalo á Unidade SIGMA para que se proceda a concederlle os permisos que lle corresponden en función do seu posto e características.

Para mais información sobre os permisos, consulta a páxina de Xestión de permisos.