Resolución de dúbidas

De non saberes cal é a forma galega para denominar un «acuse de recibo», se é «amábel» ou «amable», por que o corrector ortográfico che marca como incorrecto «estudantado», se algunha palabra se escribe con maiúscula inicial ou non... non quedes coa dúbida, estamos ao teu dispor e podes contactar connosco ben por teléfono, ben por correo electrónico.