Se es membro da comunidade universitaria, o SNL ofréceche de balde os servizos de revisión lingüística dos documentos que redactares en galego e tradución de castelán a galego dos que creares naquel idioma, con preferencia da revisión sobre a tradución, sempre e cando se tratar de textos que non foren de carácter persoal e estiveren relacionados co labor que desenvolves no seo da UDC.
Para axilizarmos as tarefas, envíanos os teus documentos en formato electrónico. De os recibirmos en papel, faremos os cambios no propio documento e devolverémoschos nese mesmo formato.
É importante que na solicitude consten o teu nome e apelidos, o teléfono ou a extensión telefónica e o enderezo de correo electrónico que uses habitualmente, así como tamén que indiques unha data límite para a entrega do traballo. Tamén é útil sabermos cal vai ser o destino ou finalidade do texto (díptico ou tríptico, relatorio para unha xornadas, fragmento dunha obra colectiva, texto para unha páxina web etc.).
Requisitos
En formato electrónico:
En papel: