Plan estratéxico 2022-2026

Dentro da área estratéxica de Responsabilidade social e sustentabilidade e no seu obxectivo estratéxico número 1, Unha universidade con identidade propia que impulsa o cambio social, a cultura e a lingua galegas, así como a contribución á paz e á solidariedade entre os pobos para unha cidadanía global, aparece como obxectivo operativo o de Contribuír á dinamización da cultura galega e do seu patrimonio, que se concreta, entre outros, nos seguintes plans:

P12_RS.- Formación en competencias de lingua galega para o persoal da universidade, de cara á súa normalización real.

P13_RS.- Incremento da docencia en lingua galega.

P14_RS.- Aproximación da lingua e a cultura galegas ao alumnado de Erasmus.

P15_RS.- Promoción do uso da lingua galega nas publicacións do profesorado e do alumnado.

P20_RS.- Recuperación da toponimia orixinal dos espazos ocupados polo campus universitario.

Xa no apartado de Rendición de contas o indicador de xestión da normalización da lingua galega aparece así desenvolvido:

  • Acadar o 40 % da docencia en galego no ano 2026.
  • Lograr que o Programa piloto de docencia en galego incorpore entre 3 e 5 graos en galego no ano 2006.
  • Deseñar indicadores específicos para cuantificar o uso real do galego da docencia.

 

Páxina web do Plan estratéxico