Plan de normalización lingüística
Aprobado no Consello de Goberno do 16 de decembro de 2006
O Plan de normalización lingüística (PNL), aprobado sen nigún voto en contra, establece como obxectivos xerais os seguintes:
- Aumentar a sensibilidade da comunidade universitaria sobre o uso do galego.
- Velar polo cumprimento das leis e das normativas de que nos dotamos colectivamente (a comunidade universitaria e a sociedade galega) en materia de normalización lingüística.
- Garantir a posibilidade de se expresaren en galego, oralmente e por escrito, os membros da comunidade universitaria que o desexaren.
- Propiciar que o galego sexa a lingua habitual de comunicación, de expresión e de traballo da comunidade universitaria.
- Conseguir para a lingua galega máis espazos de uso e fomentar a súa presenza en sectores estratéxicos.
- Promover unha visión de utilidade e de modernidade da lingua galega.
- Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.
- Impulsar o plurilingüismo na comunidade universitaria.
- Difundir a nosa realidade lingüística fóra da comunidade autónoma galega.
Composición da Comisión de Seguimento do Plan de Normalización Lingüística
Acceso ao texto íntegro do PNL