Escríbese con maiúscula ou con minúscula salón de graos? Cal é o plural de cartafol? Cando debo empregar os dous puntos? Que diferenzas hai entre as siglas e os acrónimos? Como se cita un artigo nunha revista especializada? Con que valor se debe empregar o xerundio?...
Estas e outras cuestións atopan resposta nos seguintes volumes:
Criterios de uso de maiúsculas e minúsculas 
Criterios de uso dos signos de puntuación
As abreviacións
Proposta de emprego de nomes propios
O emprego non-sexista da linguaxe
Citacións e referencias bibliográficas
Principais modificacións normativas 
Dúbidas e erros gramaticais máis frecuentes
O nome
O pronome
O verbo
O adverbio
A preposición e locucións prepositivas
Conxuncións e locucións conxuntivas
Anexo I. Relación de formas incorrectas máis frecuentes
Anexo II. Locucións e frases feitas