O Día Mundial do Medio Ambiente de 2019, 5 de xuño, con motivo da entrega dos I Premio a Sustentabilidade da Universidade da Coruña para Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado, a UDC fixo público o acordo unánime do Consello de Goberno tomado na véspera polo que aprobou adhesión da Universidade da Coruña á Declaración do estado de emerxencia climática e ecolóxica.
Con esta declaración, a UDC quere “contribuír a situar o debate climático nas Universidades, e facer presión para que tamén sexa un punto clave, ao igual que a educación, nas axendas da política galega, española e no panorama Europeo e Internacional”.
A UDC quere “coherencia e medidas reais” en cada acto e paso que haberán que impulsar na transición cara a sustentabilidade, un camiño novo cara o respecto co planeta e con todas as especies que habitan nel.
Declaración institucional do estado de emerxencia climática e ecolóxica (UDC)
A proposta partiu do estudantado que presentou o tema na sesión do Claustro que tivo lugar un mes antes.
Entre o 2 e 15 de decembro de 2019 celebrouse o 25 Cumio Mundial do Clima, COP25. A Conferencia das Partes (COP, das siglas en inglés) é o órgano de decisión supremo da Convención Marco das Nacións Unidas sobre cambio climático.
A primeira COP tivo lugar en Berlín no 1995, formándoa 197 nacións, coa finalidade de avanzar cara a implementación de acordos e obrigas específicas para combater o cambio climático, e un dos seus obxectivos é reforzar a conciencia pública dos problemas relacionados co cambio climático. A chamada do 2019 estaba prevista para realizarse en Chile, pero debido a loita polos dereitos civís que estaba a ocorrer, tivo que mudar o lugar da súa realización, ocupado finalmente por Madrid.
AQUí pode visitarse a páxina oficial da COP25
A COP25 ofreceu un espazo de Zona Verde, co obxectivo de xerar contido respecto á acción climática. Nesta zona mestúrase a sensibilización e a toma de decisións, forman parte desde espazo entidades con finalidades tan diferentes como gobernos locais e administracións, institucións privadas vs. públicas, ou ONGs vs. empresas e grandes corporacións.
Moitas publicacións de interese foron recompiladas pola Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e poden descargarse libremente:
Durante a COP25 debatéronse aspectos e retos cruciais, que nalgúns puntos chave non chegaron a consenso:
• Posta en marcha do Acordo de París, que marca obxectivos de compromiso na loita contra o cambio climático de cero emisións netas en 2050. Esta proposta non obtivo consenso, ficando pendente para a COP26.
• Regulación dos mercados de carbono, apoio a países menos desenvolvidos para a mellora do modelo enerxético, mecanismos de compensacións por fenómenos climáticos extremos. Estes e outros puntos chave viron reducida a súa esixencia respecto á previa COP24, e a falta de consenso en varios deles tamén ficaron pendentes para a COP26.
• Fondo Verde para o Clima, órgano presente na COP25 para o financiamento de plans de loita contra o cambio climático. O resultado foi inferior aos 100.000 millóns de dólares inicialmente comprometidos polos países do Norte global.
Paralelamente, organizouse desde o tecido social o Cumio Social polo Clima, cun Manifesto que describe a necesidade de loita pola xustiza social e ambiental, precisamente na situación de represión contra o pobo chileno e o rexeite da organización deste Cumio en Brasil, onde continúa cada día a voraz deforestación da selva amazónica.
A solicitude desde o Cumio Social polo Clima para a COP25 foi a de fixar compromisos antes da COP26, con obxectivos e medidas para as actuais políticas económicas, enerxéticas, de transporte, agrícolas, gandeiras, de conservación dos ecosistemas e de cooperación internacional.
AQUÍ pode visitarse a páxina oficial do Cumio Social polo Clima
Algúns extractos con información de interese:
• O ultimo informe (agosto 2019) do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), sinala que a redución de gases de efecto invernadoiro é o único modo de manter o quentamento global por baixo dos 1,5°C.
• Os informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES (Plataforma Intergubernamental de Biodiversidade e Servizos Ecosistémicos) sinalan que arredor de un millón de especies se encontran no bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas.
• Non responder con suficiente rapidez e contundencia á emerxencia climática, ecolóxica e social suporá a morte, desprazamento e pobreza extrema para millóns de persoas, ademais da extinción de especies e, incluso, de ecosistemas completos.
• A un ano do inicio da aplicación do Acordo de París seguen sen existir mecanismos para unha ruta de descenso das emisións, segundo as indicacións científicas, que prevén o aumento de 3,5ºC.
Nas seguintes publicacións da revista Cerna poden descargarse os artigos de opinión e crónica da COP25, de integrantes do colectivo Fridays For Future de Galiza, entre os que se encontra alumnado da UDC:
- Os Fridays galegos e o movemento mundial polo Clima, por Héctor Santorum e María Bañón.
- Desesperanza, paso para a acción, por Héctor Santorum e María Bañón.