Certificado dixital

A Universidade da Coruña asinou un convenio coa Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, Real Casa de la Moneda (FNMT-RCM) polo que o Rexistro Xeral da UDC acredita a identidade para emitir o certificado de persoa física (clase 2 CA) e o certificado de empregado/a público/a (AP).

Os certificados clase 2 CA son para toda persoa que queira utilizar os servizos ofertados polos diferentes organismos e entidades que admiten este certificado.

Os certificados da AP son exclusivos para o persoal adscrito á administración nas súas relacións de traballo con ela. 

O rexistro das persoas usuarias destes certificados é presencial. Isto aumenta o nivel de seguridade do sistema. Para tramitar a emisión de certificados da FNMT-RCM a Universidade da Coruña acredita a identidade nas seguintes oficinas de rexistro:

  • Rexistro Xeral
  • Rexistro Auxiliar de Ferrol