Forbes ofrece un ranking das 25 mellores universidades de España. A clasificación é froito dunha análise de varios indicadores. O formulario enviado ás universidades españolas, públicas e privadas, conta con máis de 50 preguntas divididas en cinco bloques, que responden aos distintos aspectos da experiencia universitaria. Cada bloque inclúe distintos valores que se puntúan do 0 a 3.
Formulario enviado ás propias universidades.
20 de xuño de 2024
Igual que na pasada edición, na edición 2024 Forbes omite as posicións exactas obtidas por cada universidade. A UDC figura por terceiro ano consecutivo entre as 25 mellores universidades españolas.
Destaca polo seu forte compromiso coa investigación e a innovación e a súa contribución á seguridade industrial e a formación académica no ámbito portuario.
Data de actualización: xuño de 2024