QS Sustainability

Sustainability Rankings

QS proporciona un ranking para mostrar como as universidades están actuando para facer fronte aos maiores retos ambientais, sociais e de gobernanza (ESG) do mundo.

O ranking divídese en dúas categorías: unha categoría de impacto social, outra de impacto ambiental e outra de gobernanza. As universidades pódense clasificar por separado en cada unha destas categorías, en ambas e en xeral. Cada categoría está formada por indicadores separados que despois se agregan para formar unha ponderación global. As ponderacións de cada indicador de rendemento coméntanse a continuación.

Para a categoría de impacto social téñense en conta os seguintes indicadores:

  • Emprego e oportunidades (11%)
  • Igualdade (12%)
  • Saúde e benestar (5%)
  • Impacto da educación (7%)
  • Intercambio de coñecementos (10%)

Para a categoría de impacto medioambiental téñense en conta os seguintes indicadores:

  • Educación medioambiental (17%)
  • Sustentabilidade medioambiental (15%)
  • Investigación medioambiental (13%)

Para a categoría de gobernanza téñense en conta os seguintes indicadores:

Bo goberno (10%)

Nesta edición avalíanse 1994 institucións do mundo das que 618 son europeas e 58 son españolas.

Fontes de información

Scopus e enquisas a académicos, alumnos e información das propias universidades

Data de publicación

18 de novembro de 2025

Edición 

2026

Resultados

Nesta edición do ranking de sustentabilidade de QS, a UDC ocupa a posición 796 entre as universidades máis sostibles do mundo. No ranking de Impacto Social ocupa o posto 687, en Impacto Medioambiental o posto 1075 e en Gobernanza o posto 719. Igualdade (posto 405) é o alicerce máis forte da UDC en Impacto Social, mentres que Sustentabilidade medioambiental (posto 986) é o alicerce máis forte en Impacto Medioambiental.

 

QS_SUST_cuartis_gal

QS_SUST_punt_gal


Actualizado: novembro de 2025