Desde o curso 2023-24, a Facultade de Turismo ofrece aos seus estudantes a posibilidade de estudar a metade dos créditos, como mínimo, do Grao en Turismo en inglés.
Ademais dunha gran oportunidade de mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés, constará que cursaron a opción plurilingüe no Suplemento Europeo ao Título (SET).
Dentro desta modalidade, inclúense as seguintes materias para o curso 2025/2026:
| ASIGNATURA | CÓDIGO | CURSO | Cuatrimestre |
| Introdución ao turismo | 662G01009 | Primeiro | 1 |
| Idioma moderno: inglés | 662G01006 | Primeiro | 1 |
| Economía da empresa | 662G01010 | Primeiro | 2 |
| Patrimonio cultural | 662G01007 | Primeiro | 2 |
| Xeografía do turismo | 662G01004 | Primeiro | 2 |
| Intermediación turística e transporte I | 662G01013 | Segundo | 1 |
| Contabilidade financeira | 662G01011 | Segundo | 1 |
| Aloxamentos e restauración I | 662G01014 | Segundo | 1 |
| Primeiro idioma moderno I | 662G01015 | Segundo | 2 |
| Marketing turístico | 662G01016 | Segundo | 2 |
| Xestión de recursos humanos | 662G01043 | Segundo | 2 |
| Estatística | 662G01012 | Segundo | 2 |
| Intermediación Turística e Transporte II | 662G01021 | Terceiro | 2 |
| AsTIC Aplicadas ao Turismo | 662G01023 | Terceiro | 2 |
| Xestión Turística do Patrimonio | 662G01025 | Terceiro | 1 |
| Análise de Estados Financeiros | 662G01027 | Terceiro | 1 |
| Primeiro Idioma Moderno II: Inglés | 662G01028 | Terceiro | 1 |
| Creación e Xestión de Empresas Turísticas | 662G01041 | Terceiro | 2 |
Para cursar a opción plurilingüe, o estudantado deberá acreditar algunha das seguintes condicións:
Se elixes a opción de docencia en inglés, cursarás neste idioma un determinado número de materias do grao.
Habilitarase un prazo de 15 días dende o inicio do cuadrimestre, no que poderás solicitar a renuncia da túa adscrición ao grupo plurilingüe.
Acreditación do nivel de inglés requirido.
Instrución do Vicerreitorado de Internacionalización e Cooperación sobre a acreditación lingüística do alumnado, para o acceso a estudos de grao bilingüe e estudos de mestrado con requisito de idioma, complementaria á publicada o 19 de xuño de 2018.