O pasado 16 de febreiro de 2023, nunha reunión coa presencia da vicerreitora de Igualdad, Cultura e Deporte, profesora Cristina López Villar, vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, profesora María Jesús Movilla Fernández, directora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), profesora Ana María Neira Pena, subdirectora da OIX, profesora María José Abad López e director da UDC Saudable, profesor Sergio Santos del Riego, establécese unha nova liña institucional sobre Mulleres e Saúde adscrita á UDC Saudable, coordinada pola profesora Laura Nieto Riveiro laura.nieto@udc.es , e que versará sobre diversos temas: benestar biopsicosocial, alimentación, saúde sexual e reprodutiva, menstruación, violencia de xénero, entre outros.
A UDC Saudable traballa actualmente os seguintes eixos: benestar biopsicocial; alimentación xusta, saudable, sostible e solidaria; colaboración proactiva con oficinas, unidades e servizos UDC de desenvolvementos sustentable; e mulleres e saúde, entre outros incipientes, mientras que estase consensuando as principais liñas de actuación de Promoción de Saúde no marco da Rede Española de Universidades Promotoras de Saúde (REUPS) coa participación proactiva da Universidade da Coruña.
A Coruña a 23 de Febrero de 2023
News