Títulos e diplomas propios de posgrao

Os estudos propios de posgrao da UDC incorporan unhas probas de avaliación complementarias ao desenvolvemento das aulas e das demais actividades académicas. A superación destas probas é unha condición necesaria para a expedición dos títulos propios ou dos diplomas de aptitude. En ningún caso a simple asistencia dará lugar á obtención do título propio ou do diploma de aptitude.
Os títulos propios son expedidos polo reitor e asinados polo reitor, pola persoa responsable da sección de títulos e planes de estudos e pola persoa interesada. O seu formato e os seus contidos son determinados pola UDC e causan constancia rexistral no Rexistro de Títulos Propios de Posgrao establecido pola UDC, con carácter centralizado e en análogas condicións de identificación, de custodia, de certificación e de carácter público que o rexistro de títulos oficiais.
Os diplomas de aptitude son expedidos pola dirección de cada curso, causan constancia rexistral nun rexistro habilitado para tal efecto na UEPP e son asinados polo reitor ou pola persoa en quen delegar, polo director do curso e pola persoa interesada.