Período e lugar de presentación
A preinscrición e a matrícula realizaranse nos períodos e nos lugares que a dirección académica de cada curso de posgrao estableza para tales efectos.
Consultar normativa sobre bolsas de matrícula en BOLSAS
Requisitos de acceso
Os requisitos de acceso así como o sistema de selección son, así mesmo, establecidos pola dirección de cada curso de posgrao.
En calquera caso os requisitos de acceso serán compatibles coa normativa xeral establecida polo Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC.
Documentación
No momento de formalizar a matrícula ademais da copia do DNI ou do pasaporte en vigor e a documentación específica requirida pola dirección académica do curso, será necesario presentar:
- Solicitantes con titulación universitaria:
Copia do título universitario.
No seu defecto, certificación de estudos en que conste teren pagos os dereitos de expedición do título ou certificado substitutorio do título.
- Solicitantes que non teñan rematado os seus estudos universitarios no momento de formalizar a matrícula:
Segundo o caso, certificación académica na que conste:
Ter superados os créditos do 1º ciclo en titulacións con dous ciclos.
Ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estiver comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao.
Que restan menos de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter una titulación de 1º ciclo. Neste caso, para poder obter o título ou diploma de posgrao, o estudante deberá poseer a condición de titulado/a antes de rematar o curso de posgrao.
- Solicitantes que acrediten experiencia profesional sen titulación universitaria mais que estean en condicións de cursar estudos universitarios:
Acreditaren experiencia profesional entregando certificación da condición de profesional emitida pola dirección do curso.
Acreditaren que están en condicións de cursar estudos universitarios entregando segundo o caso:
Certificación de ter superadas as probas de acceso para maiores de 25 anos.
Certificación de ter superadas as probas de acceso (tarxeta de selectividade).
Certificación de ter superado o C.O.U.
Título de Formación Profesional ou de ciclos formativos de grao superior.
Calquera outros estudos que permitan o acceso a universidade segundo a normativa vixente.
- Solicitantes con titulación universitaria non homologada en España:
Solicitude de autorización do reitor segundo o modelo.
Copia do título de acceso non directamente homologable.
Certificado dos estudos universitarios.
Informe razoado da dirección dos estudos sobre a adecuación da titulación presentada e a súa equiparación cunha titulación universitaria española, así como a documentación que a UDC estableza.
A matrícula formalizarase de xeito condicionado á concesión da autorización do reitor. No suposto de que finalmente esta non se producise, a persoa solicitante terá dereito á devolución do importe íntegro que realizou pola matrícula.
Validación da matrícula
A dirección dos estudos remitirá á Unidade de Estudos Propios de Posgrao (UEPP) a relación de alumnos matriculados xunto coa documentación referida no apartado anterior.
Na UEPP comprobarase que a documentación é correcta e acorde cos requisitos establecidos; entón, entenderase que está formalizada a matrícula.
Unha vez formalizada a matrícula, o estudante de posgrao poderá solicitar a tarxeta de estudante da UDC e ter acceso aos diferentes servizos telemáticos que a Universidade da Coruña Virtual (UCV) pon á súa disposición (como por exemplo un servizo de correo electrónico).
Anulación da matrícula
A anulación da matrícula, antes do comezo das aulas, poderá solicitarse mediante un escrito razoado dirixido ao director do curso no plazo máximo de 15 días despois de finalizado o proceso de matrícula.
A anulación da matrícula, logo de comezar o curso, non dará dereito á devolución dos prezos aboados, agás casos excepcionais e debidamente xustificados.
A matrícula quedará sen efectos cando se produza o non pagamento dela ou cando a UEPP, no proceso de validación da matrícula, emita un informe negativo.