O centro conta con dous edificios propios e espazos cedidos noutros dous edificios. No edificio principal atópase a maioría das aulas e laboratorios, así como unha boa parte dos despachos do profesorado e salas de estudo. O outro edificio, denominado Talleres Tecnolóxicos, está dotado con varias aulas e laboratorios, así como despachos de profesorado. Por último, no edificio de Apoio ao Estudo atópase a biblioteca do centro e disponse dunha aula, e no Edificio de Batallóns dispóñense de despachos e zonas para titorías.
Esta escola conta con numerosas instalacións ao dispor da comunidade universitaria. Entre eles existen
26 aulas con capacidade total para 1160 estudantes, 2 salas de estudo e
38 laboratorios destinados á docencia. Das 26 aulas, 6 son aulas de informática con 165 postos en total e un aula NET con 20 postos.