Traballar na UDC

A Universidade da Coruña foi creada en 1989. É unha institución pública cuxo propósito esencial é a xeración, xestión e difusión da cultura e do coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través da ensinanza e o desenvolvemento de investigación básica e aplicada, contribuíndo ao progreso científico, tecnolóxico, económico e social. É unha institución moderna, innovadora e dinámica fortemente comprometida coa educación integral dos seus estudantes: unha ampla e sólida oferta académica complétase con programas específicos culturais, de cooperación, igualdade, lecer e deportes, entre outros.

Está estruturada en dous campus: Coruña e Ferrol, cada un ofrecendo diferentes titulacións, situados en dúas marabillosas cidades costeiras.

A Universidade da Coruña considera a internacionalización unha prioridade. A través de varios programas internacionais ofertados, promóvese a mobilidade internacional da comunidade universitaria como unha experiencia académica, complementada coa crecente presenza de estudantes internacionais nos nosos campus. Máis de 500 estudantes e investigadores internacionais visitan a UDC anualmente, creando un ambiente internacional plural e aberto, enriquecido coa nosa cultura e lingua. Ademais, a UDC está inmersa no proceso de implementación dunha oferta estable de cursos e materias impartidas en inglés, unha oferta multilingüe que aumenta o atractivo da nosa universidade para estudantes e profesores estranxeiros e representa un valor curricular engadido para os estudantes da UDC. A UDC promove a colaboración con outras institucións para ofrecer titulacións conxuntas e dobres titulacións internacionais, tanto con países do espazo EHEA como con outras áreas estratéxicas.

Ligazóns útiles

Portal do Persoal: onde podes consultar o teu calendario laboral, ausencias e solicitudes: https://persoal.udc.es/

AxudaTIC (Soporte Técnico): portal para cuestións relacionadas coas TIC na UDC, así como para informar de incidencias: https://axudatic.udc.gal/

Portafirmas (Sinatura Dixital): ferramenta interna para asinar solicitudes e documentación. Accede cos teus credenciais a través desta ligazón: https://portafirmas.udc.gal/

Manual de Benvida (pendente de actualización): https://www.udc.es/export/sites/udc/investigacion/_galeria_down/hrs4r/Welcome-ESP.pdf_2063069294.pdf https://www.youtube.com/watch?v=EqjjwLMeJZo