UDC. Cohorte 2019-20:
O Observatorio Ocupacional da UDC realizou un estudo de inserción laboral dos egresados e das egresadas das titulacións de grao e máster para a cohorte 2019/2020. O estudo inclúe todas as titulacións activas con egresados/as durante o curso 2019/2020. Éste refírese a un ano despóis de finaliza-los seus estudos.
A recollida de datos fíxose nun momento crítico (a pandemia causada pola covid-19), polo que os seus resultados poden ter algunas limitacións, que, de existir, se evidenciarán se nos sucesivos estudos obsérvanse diferencias significativas. O observatorio destaca que, por primeira vez, a mesma corte será seguida para observa-lo que ocurre na súa inserción laboral.
En canto ós resultados que se observaron nas titulación da nosa facultade, éstes son excelentes:
No Grao en Enfermaría:
A taxa de actividade do grao en Enfermaría da UDC é dun 96,9, sendo ésta a máis alta entre as titulacións de Ciencias da Saúde e terceira con respecto a todos os graos da UDC.
O Grao en Enfermaría ten unha taxa de paro case inexistente (2,1), sendo ésta a segunda menor taxa de paro de entre todos os graos impartidos na UDC.
Neste grao, a taxa de emprego é dun 94,9 no momento da enquisa, sendo ésta a maior das taxas de emprego entre todos os graos da UDC.
No Grao en Podoloxía:
Encontrouse unha moi boa taxa de actividade (77,8) e baixa taxa de paro (28,6), situándose a taxa de emprego en 55.6.
ACSUG. Cohorte 2013-14:
En marzo de 2020 presentouse na ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia) o informe sobre o Indice de Inserción Laboral das Titulacións do Sistema Universitario Galego.
No Grao en Podoloxía os resultados foron os seguintes: