— 201 —
Edición de catro números da revista
––
Universidade&
Sociedade (U+S), cunha tiraxe global de 9.200 exem-
plares en papel que se distribúen en empresas, insti-
tucións e institutos de ensino secundario en Galicia.
A distribución dentro da comunidade universitaria
faise a través do correo electrónico.
Redacción de 387 notas de prensa, enviadas a me-
––
dios de comunicación xeneralistas de Galicia, ade-
mais de subilas á páxina web da UDC e, desde finais
de abril, difundidas tamén en facebook e twitter.
Atención aos medios de comunicación a través dos
––
teléfonos de contacto do Gabinete de Comunica-
ción e do correo electrónico, cunhas 2.340 consul-
tas.
Produción de 17 programas de radio en directo desd
––
e os distintos centros da UDC, coa colaboración de
Radio Coruña-Cadena SER e Radio Voz.
Organización de roldas de prensa e comparecencias.
––
Destaca a organización do seguimento do escrutinio
en directo desde a Sala de Prensa das eleccións a
reitor, os días 1 e 13 de decembro. Ademais de dar
cobertura aoz medios de comunicación que asisti-
Comunicación
A principal novidade do ano no que se refire á comu-
nicación da Universidade da Coruña foi a súa presenza
nas redes sociais desde finais do mes de abril –facebo-
ok (
www.facebook.com/udc.gal
) e twitter, (
@UDC_gal
)–
cunha clara aposta pola comunicación en galego como
demostran as extensións (gal) dos dominios escollidos
nos dous casos. A vantaxe da comunicación inmediata
cos usuarios quedou de manifesto nas dúas xornadas
electorais de elección a reitor (1 e 13 de decembro),
en que o escrutinio que se foi tuiteando e posteando
tivo un gran seguimento nas dúas redes, cunha alta in-
teracción.
Resumo dos datos significativos da actividade do Ga-
binete de Comunicación:
Elaboración do resumo de prensa diario con novas
––
relacionadas coa universidade e coa I+D aparecidas
en 204 xornais e 246 revistas en soporte papel. O re-
sumo de prensa ponse en aberto na páxina web a dis-
posición de todos os usuarios. Os impactos rexistra-
dos da UDC en prensa escrita suman a cifra de 2.746.
IV edición do curso de verán de divulgación científica
––
na sociedade: “A importancia do deseño na configu-
ración da mensaxe”.
10
Comunicación, cultura, deporte e compromiso