memoria 2011
— 212 —
Eventos deportivos
A UDC organizou o Campionato Galego Universitario
de Natación, que tivo lugar o 23 de febreiro na Facul-
tade de Ciencias do Deporte. Participaron máis de 70
nadadores e nadadoras das universidades de Vigo,
Santiago e A Coruña.
Tamen organizou o Campionato Galego Universitario
de volei-praia na praia de Bastiagueiro, en Oleiros.
Participaron 44 deportistas das tres universidades e
os vencedores das respectivas categorías masculina
e feminina clasificáronse para o Campionato de Es-
paña.
Cooperación e voluntariado
A Oficina de Cooperación e Voluntariado organiza as
súas actividades en tres áreas de actuación: coopera-
ción, voluntariado e formación.
Cooperación
A Universidade da Coruña participou en campañas
de sensibilización conxuntamente con outras ONG
e desenvolveu diferentes actuacións propias. Unha
das máis salientables foi a convocatoria da quinta
edición dos Proxectos de Coñecemento da Realida-
de, iniciativa a trvés da cal o alumnado opta a reali-
zar estadías dun a tres meses en países en desenvol-
vemento. Na convocatoria de 2011 participaron seis
estudantes.
Respecto da Convocatoria de Axudas a Proxectos de
Investigación en Cooperación ao Desenvolvemento.
Fondo 0,7%, este ano seleccionáronse seis proxectos.
A dotación para estas axudas reduciuse á metade, á
vista do escaso número de profesores que fan investi-
gación orientada á cooperación.
Voluntariado
A Oficina de Cooperación e Voluntariado mantén
abertos varios programas cos que se canaliza a cola-
boración dos membros da comunidade universitaria
que queren tomar parte activa en tarefas solidarias.
Os programas máis importantes son os que se des-
envolven en asentamentos chabolistas como os das
Rañas e do Portiño, no Centro de Acollida de Meno-
res de Bañobre e na Residencia Abrente de Ferrol, así
como os programas de dinamización e colaboración
co Centro de Atención ao Minusválido Físico e coa
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer,
ambos de Ferrolterra.