12
Memoria económica
— 227 —
de converxencia en recursos humanos e infra-
estruturas establecidos no Plano Estratéxico. A
acumulación de circunstancias desfavorables
non debe levar a asumir como normais as so-
lucións de natureza excepcional. Unha univer-
sidade pública de calidade require duns equi-
pamentos e un financiamento suficientes, e a
UDC ten demostrado a súa capacidade para
utilizar os seus recursos coa máxima eficiencia.
Os obxectivos de suficiencia, eficiencia e equi-
librio no financiamento do SUG seguen a ser
irrenunciables.
Cadro 200
Composición dos gastos
A memoria do orzamento 2011 conclúe coa súa valo-
ración:
En definitiva, o orzamento da UDC para 2011
sitúase nos niveis do ano 2008, e estaría preto
dos niveis de 2007 se non se tivesen aplica-
do recursos propios e recursos extraordinarios
(reembolsables) por valor de 11,5 millóns. A
planificación económica e o rigor orzamentario
veñen permitindo aliviar os efectos dun con-
texto financeiro extremadamente desfavora-
ble; pero non debe esquecerse que os axustes
esixidos fixeron adiar importantes obxectivos
Bens e servizos
Bolsas
Resto
Persoal
Investimentos
2010
2011