MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 10 — memoria 2017 continua do impacto das novas actividades. Como consecuencia, desta avaliación realizáronse distintas reformas das normativas académicas para acomoda- las ás necesidades organizativas e de recursos dos centros e aos distintos cambios normativos da lexis- lación estatal e autonómica. Estas novas adaptacións só foron posibles pola colaboración e polo traballo dos equipos directivos das diferentes facultades e escolas implicadas, da Escola Internacional de Dou- toramento , así como da comunidade universitaria no seu conxunto. A oferta de títulos propios seguiu incrementándose, debido ao interese amosado en diversas institucións e empresas ou por proposta de membros da comu- nidade universitaria, tratando de responder de forma inmediata e áxil ás necesidades culturais, científicas e profesionais da contorna social. Universidade Sénior Polo que se refire á Universidade Sénior, hai que sa- lientar que se mantén en continua expansión, tanto na Coruña como en Ferrol. A matrícula no curso aca- démico 2017-2018 foi de 954 estudantes . Cómpre subliñar unha importante diferenza entre o número de alumnos e alumnas matriculadas, pois a porcentaxe de mulleres matriculadas triplica a dos homes. O seu plan de estudos incrementou a oferta formativa até chegar á situación actual, con 20 materias no campus da Coruña e 16 no de Ferrol, ademais de 10 obradoi- ros entre os dous campus. Fíxose un esforzo na mellora da calidade e na am- pliación da oferta académica, pero tamén da oferta social e cultural que se vén desenvolvendo á marxe do plan de estudos, a través dun amplo número de actividades complementarias: seminarios temáticos sobre literatura, historia e saúde, xornadas e con- ferencias, ademais de visitas académicas e outras actividades culturais. Así mesmo, seguiu a se incre- mentar tanto a presenza en distintos foros como os intercambios con universidades españolas e es- tranxeiras. Entre 2017 e 2019, a Universidade Sé- nior participará no Proxecto “TICTac+55: Combined Learning Techniques for People 55+ regarding ICT” dentro Programa Erasmus+. Froito dun convenio de colaboración con outras institucións europeas de educación de adultos, a Universidade Sénior partici- pou no International Meeting do proxecto ECHO na localidade de Scandiano. Calidade e avaliación Na área de calidade cómpre sinalar que 17 títulos de grao e de mestrado universitario da UDC ou coordinados por ela renovaron a acreditación . Na Unidade Técnica de Calidade (UTC) traballouse na revisión, actualización e modificación dos sistemas de garantía interna de calidade (SGIC) dos centros e da Escola Internacional de Doutoramento, en co- laboración cun grupo de traballo intercentros, cons- tituído polos/las responsables de calidade dos cen- tros que teñen certificada a implantación do SGIC. Tamén a UTC proporcionou apoio e asesoramento especial aos programas de doutoramento, con moti- vo da aprobación por parte da ACSUG da Guía para o seguimento e acreditación dous títulos oficiais de doutoramento. Todos os programas coordinados na UDC que se implantaron nos cursos 2013-2014, 2014-2015 e 2015-2016 tiveron que elaborar por vez primeira o autoinforme de seguimento, aínda que só recibiron informe por parte da ACSUG os programas partici- pados unicamente pola UDC que se implantaron no curso 2013-2014. O 100% deste programas obtivo un resultado de conforme. Así mesmo, no 2017, publi- couse a VI convocatoria do programa Docentia, na que se avaliaron 193 profesores. Cómpre facer unha valoración positiva dos resultados das valoracións fi- nais alcanzadas, pois un 30.88% obtivo unha valora- ción de excelente; un 66.18%, de notable; un 2.21%, de aceptable, e un 0.74%, de insuficiente.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==