MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 11 — memoria 2017 Formación e innovación docente O Centro Universitario de Formación e Innovación (CUFIE) fixo ao longo deste curso unha aposta deci- dida pola innovación nos ámbitos da docencia e da formación permanente. No que atinxe aos plans de formación, suprimíronse cursos que xa levaban anos impartíndose e foron substituídos por outros novos e de temáticas máis actuais, cunha aposta firme pola formación en liña. Tamén o CUFIE colaborou noutras actividades formativas: ciclos de xornadas para alum- nado de doutoramento ou cursos en liña para investi- gadores en colaboración coas bibliotecas. No ano 2017 ofreceuse unha terceira edición do cur- so “Estratexias para incrementar a visibilidade e os re- sultados da investigación”, no que o número de ma- triculados superou o cento, e publicouse unha nova convocatoria de Innovación docente en Aprendizaxe- Servizo na que se certificaron 16 proxectos. Como resultado da aposta importante que se está a facer pola innovación docente, publicouse a I Convo- catoria de Grupos de Innovación Educativa (GIE) , que deu como resultado a creación de 79 GIE, que agrupan 550 docentes. Tamén o CUFIE organizou o curso de verán Docentes conectad@s, que permi- tiu intercambiar coñecementos e experiencias entre docentes de distintos niveis educativos e destacadas personalidades do ámbito da innovación educativa. Iguamente, realizáronse as II Xornadas de Innova- ción Docente para compartir as experiencias máis in- novadoras que se están a poñer en práctica na aulas da nosa universidade. Finalmente, canto ás infraes- truturas, hai que sinalar que este ano se estreou unha aula de formación con 25 equipos novos no Edificio Xoana Capdevielle. Internacionalización A través da Oficina de Relacións Internacionais puxé- ronse en marcha medidas para potenciar a mobilida- de con fins de estudos, como o achegamento de in- formación de primeria man ao estudantado (mediante formatos tradicionais e canles dixitais) ou o aumento do número de meses financiados para mobilidades anuais. Aplicouse un aumento similar no apartado de prácticas para estudantes, chegando a financiarse in- tercambios de prácticas de ate 10 meses. As actuacións para aumentar as mobilidades do per- soal supuxeron o incremento das cantidades concedi- das inicialmente polo SEPIE, o que se está a traducir nun aumento destas mobilidades. Estas actuacións apoiáronse con medidas como a pri- meira convocatoria para a mellora das competen- cias lingüísticas do estudantado, así como a primeira convocatoria de mentorización lingüística que cum- pría un dobre propósito: a integración do estudan- tado estranxeiro e a internacionalización na casa do propio. Para fomentar a internacionalización dos nosos cam- pus estase a apoiar as titulacións duplas ou conxuntas, a participación en proxectos KA2, KA3 ou “capacity building” con socios de fóra da UE, o recrutamento de estudantes internacionais a través de actividades de proxección exterior (asistencia a ferias, organiza- ción da ISS, traballo con axentes) e a mellora da infor- mación sobre admisión. Igualmente traballouse na mellora do Plan de apoio para a docencia en inglés, introducindo por vez pri- meira a convocatoria para a mellora das competen- cias lingüísticas do PDI como medida de fortalece- mento idiomático previo á realización do curso EMI. Neste sentido, instaurouse o programa de profeso- res visitantes procedentes de países de fala inglesa para o profesorado que estivese a impartir docencia en lingua inglesa. O impacto destas medidas reflícte- se nun incremento nos créditos impartidos en inglés no que se conta coa incorporación de materias en no- vas titulacións.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==