MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 12 — memoria 2017 Persoal docente e investigador (PDI) As políticas de acceso e promoción do persoal do- cente e investigador entraron en 2017 nunha fase de relativa normalización, malia seguiren condicionadas por un marco normativo e económico restritivo. Aínda que a taxa de reposición se mantiña no 100%, a Lei de acompañamento dos orzamentos xerais do Estado do ano 2017 permitiu engadir as prazas en exceden- cia sen reserva de posto de traballo que se producen cando cada promoción é efectiva, polo que a oferta de emprego público do persoal docente e investiga- dor da UDC se ampliou a 43 prazas . Este incremento permitiu recuperar o atraso acumulado coas necesi- dades de estabilización das figuras de profesorado con compromiso de estabilidade e, ademais, abordar as necesidades de promoción dun cadro de persoal que supera os 200 profesores acreditados. Logo da negociación e do acordo cos órganos de representación do PDI, o Consello de Goberno do 23 de abril, ampliado o 28 novembro, destinou 22 prazas de profesor/a contratado/a doutor/a á estabi- lización dos/as profesores/as axudantes doutores/as que finalizaron o seu contrato en 2016 e 2017, unha praza adicional da mesma categoría para estabilizar un profesor segundo o previsto na disposición transi- toria terceira dos Estatutos da UDC, e 10 prazas para o acceso ao corpo de titular de universidade dos/as profesores/as contratados/as doutores/as acredita- dos/as. Segundo o que se establece no artigo 34 da Lei 1/2017 de orzamentos xerais da Comunidade Au- tónoma de Galicia e no artigo 19 da Lei 3/2017, de orzamentos xerais do Estado, unha destas 10 prazas resérvase para a incorporación –naquela categoría para a que estea acreditado–, de persoal investigador doutor que finalizase o programa Ramón y Cajal e ob- tivese o certificado I3. Adicionalmente, en aplicación do disposto no Real decreto-lei 6/2017 e na disposi- ción derradeira segunda do Real decreto-lei 10/2015, inclúense na OPE 10 prazas de catedrático/a de uni- versidade polo procedemento de promoción interna. A oferta de emprego público foi, polo tanto, suficien- te para estabilizar o profesorado con compromiso de estabilidade que finalizou o seu contrato en 2016 e 2017 e para a promoción de todo o profesorado con prazas de catedrático/a de universidade aprobadas polo Consello de Goberno en 2012. A OPE permitiu, ademais, a convocatoria de 9 prazas co fin de que o profesorado contratado doutor acreditado para acce- der ao corpo de titulares de universidade solicite a creación dunha praza na súa área de coñecemento e, por primeira vez desde o ano 2012, a convocatoria de 7 prazas de catedrático/a de universidade para o profesorado acreditado. A estas convocatorias, re- guladas polos criterios negociados e acordados cos órganos de representación do PDI, presentáronse arredor dun cento de docentes. Xunto co marco lexislativo estatal e autonómico, que condiciona o desenvolvemento de políticas de esta- bilización, promoción e contratación de profesorado, os aspectos económicos relativos ao mantemento da masa salarial engaden unha dificultade adicional á política de profesorado. O incremento anual de trienios e quinquenios, deri- vado do crecemento vexetativo do cadro de persoal, e dos sexenios de investigación e complementos au- tonómicos, supón que o orzamento do capítulo I se sitúe no límite dos custos de persoal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para financiar os importes correspondentes a estes conceptos, así como as contías das prazas para manter as figuras re- collidas no II Convenio colectivo laboral con compro- miso de estabilización e das prazas para facer fronte a necesidades urxentes e inaprazables, son moi limita- dos e proceden basicamente de xubilacións. Estas limitacións condicionan a contratación de novo persoal, co conseguinte escenario de falta de renova-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==