MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 13 — memoria 2017 ción e de inestabilidade para os proxectos educati- vos, de investigación ou de transferencia á sociedade dos seus resultados, que tanto preocupan a toda a comunidade universitaria. Os esforzos dos órganos de goberno da UDC centráronse en minimizar os efectos deste contexto restritivo, mantendo estable o número de efectivos, dándolle prioridade a estabilización de profesores e investigadores que se estiveron forman- do con éxito na nosa universidade e maximizando as posibilidades de promoción despois do bloqueo im- posto entre os anos 2012 e 2016. Ademais dos acordos acadados para a aprobación e execución da oferta pública de emprego, destacan as seguintes medidas: –– Mantense o programa para reducir o número de profesores/as contratados/as interinos/as de substi- tución, que non fosen previamente axudantes dou- tores/as, e asociados/as que conten cunha acredi- tación, coa súa transformación mediante concursos en profesores/as axudantes doutores/as. En 2017 convocáronse 20 prazas neste programa. –– Mantense a suspensión da posibilidade de convo- car prazas de axudante . –– Aprobouse un novo marco normativo para o no- meamento de profesores eméritos e honorarios. En 2017 nomeáronse cinco novos eméritos e unha profesora emérita, e 4 profesores e unha profesora honorarios. –– Convocáronse 37 concursos de profesor/a aso- ciado/a ou contratado/a interino/a de substitución para cubrir necesidades docentes urxentes, sobre a base da Lei de orzamentos de Galicia. Persoal de administración e servizos (PAS) No exercicio de 2017 realizáronse as seguintes actua- cións: • Convocatoria mediante Resolución do 3 de abril de 2017 (DOG núm. 73, do 17 de abril) do proce- so de provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Univer- sidade da Coruña. • Finalización do proceso de promoción interna co- rrespondente á oferta de emprego público do ano 2016, convocado por Resolución do 31 de agosto de 2016 (DOG núm. 182, 23-09-2016) para o in- greso nas distintas escalas de persoal funcionario da Universidade da Coruña. Publicáronse un total de 151 nomeamentos. • Publicación no DOG número 198, do 18 de outu- bro de 2017, da Resolución do 5 de outubro de 2017 coa oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para 2017. Nesta oferta figuraban un total de 21 prazas para convo- car pola quenda de acceso libre e 50 prazas para convocar pola quenda de promoción interna. Estudantes Este ano realizáronse distintas accións para a mellora da empregabilidade e do emprendemento, así como para impulsar a realización de prácticas profesionais e actividades de formación transversal. A este respec- to, cómpre salientar a reforma do programa de Me- llora da Empregabilidade na súa segunda edición que estendeu esta actividade a tres módulos. Nun deles participan responsables dos departamentos de recursos humanos de empresas que expoñen a súa experiencia e consellos para enfrontarse a un proce- so de selección e tamén persoas emprendedoras que achegan a súa experiencia directa ou entidades que impulsan esta modalidade de inserción laboral. Parti- ciparon 299 estudantes. A partir deste ano púxose en marcha un programa de orientación de estudantes de doutoramento , solicitado polos representantes dese colectivo, para responder as súas necesidades específicas de forma- ción/información sobre empregabilidade.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==