MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 14 — memoria 2017 Participouse no Plan municipal de emprego do Con- cello da Coruña e organizouse o Foro Xuventude en Movemento, no marco do plan Europe Direct da De- putación da Coruña. Pola súa parte, a Unidade de Emprego , que ofrece asesoramento xeral e tamén especializado para crear iniciativas de emprego de base tecnolóxica, come- zou a xestionar as bolsas Fundación ONCE-CRUE de prácticas para alumnado con discapacidade. Respecto da divulgación da UDC para futuros estu- dantes, o SAPE organiza no programa “Visita o teu campus”, para alumnado de ESO, de bacharelato e de FP e charlas informativas en centros. Fíxose un es- forzo para pasar de 41 a 72 centros visitados. Igual- mente, cómpre mencionar a colaboración co Conce- llo da Coruña na xornada anual “Ti elixes!”, que se organiza no Centro Universitario de Riazon, con máis de 5.000 estudantes . Bolsas Mantense o número de bolsas de colaboración para formación complementaria, bolsas UDC-Santander para estudos de mestrado e axudas para o transpor- te urbano. Ademais, para compensar as dificultades económicas que lles impidan continuar os estudos a algúns estudantes, a Universidade da Coruña con- cedeu 39 bolsas e duplicou o orzamento para estas axudas. Tamén co obxectivo de promover a igualda- de de oportunidades, concedéronse no curso 2016- 2017, un total de 222 axudas para aloxamento. Publicacións O Servizo de Publicacións continuou a xestionar a edi- ción, difusión e comercialización de libros e revistas e enriqueceu o seu catálogo editorial con 16 novos vo- lumes . Así mesmo, presentou tres novos números de publicacións periódicas, co que chegou a 16. Cómpre salientar que se actualizou a aplicación OJS á versión 2.8, e que están en OJS 13 das 16 revistas, e 12 delas reciben DOI. Deportes A IX edición dos Premios UDC Deportes recaeu en Alberto Seoane Alcaraz, en recoñecemento á súa lon- ga traxectoria deportiva. Foi campión do mundo por equipos (2014 e 2017), ouro no Open de Eslovaquia (2015) e dobre diploma nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro (2016). É décimo na clasificación mundial de tenis de mesa para discapacitados. Nas ligas universitarias internas participaron 104 equi- pos en modalidades como o fútbol 7, baloncesto e fútbol sala. Os deportistas da UDC con medalla nos Campionatos de España Universitario foron Sara Gar- cía Suárez, medalla de prata en taekwondo na catego- ría de 57 Kg; Sofía Pérez Riesco, medalla de prata en taekwondo na categoría de 73 Kg; Paula Iglesia Gar- nello, medalla de prata en atletismo en 400 ml. Miguel Riopedre consiguió unha medalla de bronce no cam- pionato de Europa de Judo na categoría de 60 Kg. Divulgación A Unidade de Divulgación Científica e Cultural, en colaboracion coa Deputacion da Coruna, convocou a II edicion de Expociencia-UDC para promover a co- municación científica. O 30 de novembro celebrouse a II Xornada de Divulgación Científica “Isabel Zendal”. Na Domus e en varios centros de ensino medio orga- nizáronse obradoiros científicos. Ademais, celebrouse O Día de Muller e a Nena na Ciencia cun ciclo de charlas curtas impartidas por profesores e alumnas da UDC, que falaron da vida e logros científicos de diver- sas pioneiras en diferentes campos da ciencia. Cultura A Área de Cultura ofreceu en Ferrol e na Coruña dis- tintos obradoiros. Así memos, celebrouse a vixésimo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==