MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 15 — memoria 2017 cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC) , que organizou a institución. En novembro inaugurouse en Normal a exposición “As Noites interiores” de Jesús Madriñán, que reuniu por primeira vez, e nun mesmo espazo, as series foto- gráficas máis recientes deste artista galego. Cursos e congresos A Oficina de Cursos, subvencionou ao longo do ano un total de 43 de actividades, entre cursos, xornadas, seminarios, encontros e ciclos de conferencias. No Consello de Goberno do 31 de maio aprobouse o Regulamento dos cursos de extensión universitaria , onde se regulan as actividades non regradas organiza- das pola UDC e conducentes á obtención dun diplo- ma ou certificado propio, sexa cal for a súa denomina- ción, distinta dos mestrados, cursos de especialización e cursos de formación específica de posgrao regula- dos no Regulamento de estudos propios de posgrao. Comunicación Xunto coa súa actividade habitual (resumo, notas, ro- das de prensa...) e o apoio a diversas iniciativas de captación de alumnado promovidas pola UDC –cun- ha especial intensificación co Campus Industrial de Ferrol– cómpre salientar a seguinte información: • Desde novembro de 2016 a UDC ostenta, a través da súa xefa de Gabinete de Comunicación, a pre- sidencia da Red de Gabinetes de Comunicación de las Universidades Españolas (Regacue). Con este motivo, a UDC organizou en febreiro a Xor- nada “Comunicación e Responsabilidade Social” xunto coa asemblea anual da rede. • Seguindo coa iniciativa do ano anterior #comuni- caUDC , organizouse en abril o segundo encontro de community manager de contas institucionais na UDC. Asistiron 27 persoas responsables de redes sociais en distintos centros. • Redacción de 321 notas de prensa , que se subi- ron á páxina web corporativa e aos lugares institu- cionais no Facebook e Twitter. • No Facebook , a páxina da UDC chegou aos 18.029 “gústame”, cun aumento de 1.172 sobre o ano anterior. No Twitter , a conta da UDC ten 30.779 seguidores, 2.570 novos seguidores con respecto ao ano anterior. Publicáronse neste pe- ríodo 2.200 chíos. No Instagram , a UDC conta con 986 seguidores, 291 novos. • Colaboración do Foro de Radio Coruña-Cadena Ser “Do global ao local” • Campaña de publicidade directa da UDC coa dis- tribución de tarxetas promocionais (4.500) das súas titulacións entre estudantes que realizan as probas de acceso á universidade nos campus da Coruña e Ferrol. • Campaña de publicidade con báners nos medios dixitais de La Voz de Galicia , El Ideal Gallego, La Opinión A Coruña, Diario de Ferrol e Ferrol 360. Alternancia de báners UDC/Campus Industrial de Ferrol. Entre o 7 de maio e o 7 de xullo puxéronse un total de 296 insercións publicitarias. Actividades complementarias A UDC organiza campamentos de Semana Santa e de verán para fillos de membros da comunidade univer- sitaria, mais abertos tamén a persoas alleas. No campamento Mauro Silva , que se organizou por décimosetimo ano consecutivo nas vacacións de Se- mana Santa, participaron 112 nenos e nenas de entre catro e doce anos. Tomaron parte en actividades de- portivas, hábitos de estudo e inglés. No verán con- vocáronse campamentos para nenos e nenas de pri- maria nos campus da Coruña e de Ferrol, cun total de 360 rapaces e rapazas. Orzamento e liquidación O 22 de decembro de 2016 o Consello Social apro- bou os orzamentos da Universidade da Coruña para

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==