MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 16 — memoria 2017 o ano 2017. O Plan operativo anual e o orzamento do exercicio desenvolven as Liñas xerais do orzamento de 2017, aprobadas polo Claustro o 14 de decem- bro de 2016. O orzamento foi de 119,45 millóns de euros . Esta cantidade supón un aumento de 3,13 mi- llóns de euros, o que equivale a un incremento dun 2,69% respecto do 2016. Os ingresos en 2017 pola matrícula xa deixaron de verse afectados pola adaptación das titulacións ao EEES, aínda que cómpre ter en conta a previsión de- mográfica á baixa na estimación deste concepto. As diferenzas entre os anos 2016 e 2017 que se obser- van entre os diferentes conceptos de gasto son esca- sas. O compoñente de financiamento máis importante correspondeu ás achegas por transferencias corren- tes, o que supón un 72,56% no ano 2017 –fronte a un 73,29% no ano 2016–. As taxas académicas supuxeron un ingreso tamén importante, en concreto un 13,69%. Finalmente, as transferencias de capital alcanzaron un 13,08%, que aumentan lixeiramente con respecto ao ano anterior, ao pasar de 14,89M € a 15,62M €. Cabe destacar que se consignou crédito para aco- meter a recuperación do complemento específico ou homólogo imputable á paga extra. En consecuencia, o gasto corrente previsto de capítulo I aumentou un 2,16%. O total ascendeu a 90,29 millóns de euros, o que supón case un 75,59% do gasto total. Preveuse unha redución dos gastos correntes (-5,09%) motivado pola aplicación de medidas de racionaliza- ción do gasto e polo comezo de aplicación de progra- mas de eficiencia enerxética. O total ascende a 14,49 millóns de euros, o que supón un peso do 12,13%. No apartado de investimentos reais rexistrouse un in- cremento (20,78%) derivado da necesidade do finan- ciamento de medidas ou investimentos conducentes ao aforro enerxético ou equipamento de obras e in- fraestruturas. As transferencias correntes ascenderon a 2,76 mi- llóns, o que representou un 2,31%, cun incremento do 12,35%. O fondo de continxencia (0,25 millóns) permaneceu inalterable. Os gastos financeiros (0,045 millóns) tamén se reduciron, ao igual que os pasivos financeiros (0,55 millóns). Os ingresos por taxas, prezos públicos e outros in- gresos incrementan un 6,57% ate chegar aos 16,35 millóns de euros. O incremento veu derivado princi- palmente do incremento en ingresos diversos e dou- tros ingresos procedentes de prestación de servizos (alugueres, custos indirectos e facturación por presta- ción de servizos de investigación). Canto ás transferencias correntes, incrementaronse fundamentalmente pola recuperación do complemen- to específico ou equivalente aplicado á paga extra. Por último, cómpre mencionar o incremento en trans- ferencias de capital (4,91%) destinado en parte á co- bertura do financiamento de accións para o aforro enerxético e mellora das infraestruturas científicas. En resumo, hai unha mellora no financiamento por re- sultados tanto en termos absolutos como en termos relativos. Canto á liquidación do exercicio de 2016 , as esti- macións de ingresos foron bastante precisas, xa que os ingresos reais por taxas, prezos públicos ou outros ingresos (15,18M€) case alcanzan a cifra estimada ao comezo do ano (15,34M€). De igual xeito, houbo un incremento das transferen- cias correntes notable (87,36M€ fronte a 85,26M€) mentres que os ingresos patrimoniais tamén se man- tiveron moi preto da expectativa. No caso dos gas- tos tamén existiu unha boa estimación, dado que os gastos do capítulo 1 ou gastos de persoal e gastos correntes se aproximan moito ás estimacións feitas ao principio de exercicio.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==