MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 17 — memoria 2017 A pesar de que o resultado orzamentario de 2016 ofrece un déficit de 1,64M€, hai unha mellora nota- ble con respecto a 2015, posto que nese ano o défi- cit ascendeu a 4,78M€. Isto supón pasar dun déficit, medido como saldo orzamentario sobre o orzamento, do 4,1% en 2015 a un déficit do 1,4% en 2016. Des- te xeito, de acordo coa liquidación efectuada no ano 2016, o remanente non afectado de tesouraría que ascendía a 2,45 millóns de euros en 2015 pasou a ser de 3,09 millóns. De igual xeito, a contía de remanente que se destina a financiar o orzamento do exercicio do ano seguinte ao do peche nos exercicios 2016 e 2017 é máis redu- cida que en exercicios precedentes. Para pechar o capítulo de planificación económica, debemos ter en conta que se deu unha mellora no saldo medio para pagar a provedores, xa que no ano 2014 era do 5,56% con respecto ao orzamento, en 2015 baixou lixeiramente ata o 4,6%, mentres que no ano 2016 se sitúa no 2,1%. Infraestruturas O orzamento destinado ás infraestruturas continúa no contexto de contención e axuste dos exercicios pasa- dos. A execución do fondo RAM (1.124.700€) que é a partida que a Xunta concede para edificios e instala- cións, foi do 100%. Este fondo non é suficiente para atender todas as necesidades de reparacións, refor- ma, rehabilitación ou conservación. Por esta razón, ao aumentar a contención do gasto asociado a infraes- truturas arquitectónicas e urbanas, faise necesario a procura de novas fontes de financiamento. Neste contexto, as intervencións do Servizo de Ar- quitectura, Urbanismo e Equipamentos centráronse, como vén sendo común nos últimos anos, en tarefas de mantemento e reparación de edificios e do espazo público. As actuacións máis importantes centráronse en obras que supuxeron un investimento notable para realizar proxectos de reforma ou rehabilitación como a praza da Maestranza, a residencia universitaria ou o estadio de deportes . As obras na praza da Maestranza , executadas para renovar máis da metade da lousa, prolongáronse du- rante dous meses. Mentres, en setembro comezou a reforma da entrada do estadio e novas pistas depor- tivas. Os problemas meteorolóxicos provocaron unha demora e quedaron pendentes de remate para 2018. Canto á residencia universitaria da Coruña , avan- zouse até un nivel de execución do 70%. Espérase que finalice a obra no primeiro semestre do ano 2018. Unha vez que isto se produza, vaise preparar co Con- cello unha parada de autobús urbano, instalar wifi e equipar os cuartos e mais os servizos de comedor e lavandaría. Por outra banda, continúase coa política de manter a compra unificada de enerxía eléctrica en tres centros e a posibilidade de adherirse á rede Redexga para conseguir mellores tarifas de consumo de electrici- dade e de gas. Tamén se conseguiron certificacións enerxéticas en 11 edificios do campus de Ferrol. O obxectivo é implantar un sistema de eficiencia ener- xética, o cal implica a instalación dun contador por edificio. Medio ambiente Cinco centros dos campus da Coruña e de Ferrol contan xa con bandeira verde e está en marcha o programa noutros catro centros máis. Igualmente, o programa de compostaxe de residuos orgánicos des- envólvese en cinco escolas e facultades da Coruña e creouse unha nova área para atender a Facultade de Informática e a ETS de Camiños. Vanse dando pasos significativos en materia de sus- tentabilidade ambiental. E estes pasos reflíctense no posicionamento da nosa Universidade no ránking
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==