MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 18 — memoria 2017 GreenMetric das universidades do mundo. A UDC está no posto 86 entre o 619 campus concorrentes na edición de 2017. Responsabilidade social: atención á diversidade - Rede SAPDU: A UDC forma parte desta rede de ser- vizos de atención á diversidade desde o ano 2014 de todas as universidades españolas. En 2017 pasamos a coordinar o grupo de traballo de Comunicación e TIC, no que participan outras 5 universidades. –– Espazo Compartido: Presentámonos á convocatoria da Fundación ONCE para programas universitarios de emprego dirixidos a mozos/as con discapacida- de intelectual. Nesta convocatoria saíron elexidas 15 universidades. O programa da UDC obtivo a pri- meira posición. –– Bolsas para estudantes con necesidades especiais: anualmente a Universidade da Coruña convoca 20 axudas, en réxime de concorrencia competi- tiva, para alumnado con necesidades educativas especiais. No curso 2016-2017 convocáronse por primeira vez as bolsas ONCE-CRUE para prácticas extracurriculares de alumnado con discapacidade. Na UDC beneficiáronse desta bolsa 6 estudantes. –– Programa Mentoring Inclusivo: Ao abeiro do con- venio asinado coa Fundación Bancaria “La Caixa”, comezou a desenvolverse na UDC o programa Mentoring Inclusivo, deseñado especificamente para mellorar a inserción laboral dos egresados con discapacidade. –– Rede UDC-U (UDC Universal): dentro do Plan de acción titorial, cada centro establece un titor/a es- pecífico para o alumnado con diversidade funcional ou necesidades educativas específicas. –– Programa de prácticas relacionadas coa diversida- de: unha das iniciativas máis importantes da uni- dade é establecer un programa de prácticas que conecte alumnado de distintas titulacións en temas relacionados coa diversidade. Oficina para a Igualdade de Xénero • Entre outras iniciativas, a Oficina para a Igualdade de Xénero organizou os cursos Docencia e respon- sabilidade social universitaria e Políticias e Políti- cas de igualdade e violencia de xénero, dentro do Plan de apopio ao ensino. • Actos conmemorativos: O 11 de febreiro: Día In- ternacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Unha científica vista o noso cole. Nos colexios pú- blico de Ferrol durante o mes de febereiro. Co- laboración co Concello de Ferrol e a asociación AMIT_GAL. • 8 de marzo. Acto institucional na ETS de Arqui- tectura. • 25 de novembro. Xornadas de prevención e sen- sibilización da violencia sexual na mocidade. Pos- tos informativos. • Exposicións: Edición da exposición “Mulleres nas bibliotecas da UDC”. Mulleres nos Premios No- bel e “María del Milagro Rey Hombre, arquitecta, 1930-2014”. • Organización de xornadas: V Xornada Universita- ria Galega en Xénero, en Vigo, en colaboración coas unidades de Igualdade da USC e Uvigo. Xor- nada de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade . • Concursos: V edición do Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero Ángeles Alvariño e V Edición do Concurso de fotografía Rosalind Franklin . Centro de Estudos de Xénero e Feministas Este centro organizou a V edición do Curso de His- toria da Teoría Feminista, articulado arredor da re- construción retrospectiva e cronolóxica do feminismo como tradición intelectual e movemento social. Ta- mén o III Feminario do Centro de Estudos de Xénero e Feministas. Neste caso o programa xuntou a pre- senza de representantes de institucións promotoras da igualdade de xénero e os feminismos e o alumna-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==