MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 19 — memoria 2017 do universitario que, no presente cursos ou en cursos pasados, presentou TFG e TFM que se caracterizaban pola presenza da perspectiva de xénero . O Centro de Estudos de Xénero organiza o curso de verán “A igualdade de xénero na axenda para o des- envolvemento”. Pola súa parte, a revista Atlánticas publicou un monográfico sobre “Cooeducación: Fe- minismo en acción” dirixido polas profesoras da Uni- versidade da Coruña Ana Iglesias Galdo e Ana Sán- chez Bello. UDC Saudable Desenvolvéronse campañas informativas sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e de recollida de teléfonos móbiles en distintos centros dos campus da Coruña e Ferrol. En outubro organi- zouse a III Semana UDC Saudable 2017, con obradoi- ros e charlas sobre aspectos da ciencia e da saúde. Rematou a fase piloto do proxecto de investiga- ción “Hábitos, rutinas e estilos de vida saudables na UDC: Diagnóstico da situación e detección de necesidades”, coa participación de 20 expertos/as avaliadores. Secretaría Xeral A Secretaría Xeral desenvolveu un amplo traballo de coordinación da produción normativa da UDC (tan- to no que ten que ver cos regulamentos promovidos polas distintas vicerreitorías como cos regulamentos de réxime interno de centros e departamentos), de defensa xurídica dos intereses da UDC e tamén de consolidación dos cambios introducidos nos entes instrumentais, en especial a FUAC. A fundación da universidade xa está a xestionar encargos da Uni- versidade para a xestión dos títulos propios, a xes- tión dos cursos do centro de linguas a alumnado es- tranxeiro, as prácticas ou a xestión dos contratos de transferencia. Por outro lado, celebradas en febreiro eleccións a xuntas de centros, consellos de departamentos e Claustro (estas últimas só para estudantado), o proce- so de asentamento das novas estruturas académicas pechouse coa elección da nova dirección de centros e departamentos. No ámbito da normalización lingüística , o servizo proseguiu co seu labor de promoción do uso do gale- go na UDC, organizando un curso para o PDI e finan- ciando, a través do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o curso de verán en colaboración co Concello de Carballo e o curso de galego para estudantes estranxeiros. No ámbito do rexistro , ao longo de 2017 implan- táronse os sistemas de rexistro electrónico, en cola- boración co Servizo de Informática e Comunicacións. Cooperación e voluntariado A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) cons- trúe cidadanía crítica mediante un amplo programa de accións formativas e de sensibilización. Traballa a prol dos dereitos humanos e a xustiza social con proxectos propios de voluntariado e a promoción da aprendizaxe-servizo entre a comunidade universitaria. Facilita o coñecemento doutras realidades a través de bolsas no eido da cooperación ao desenvolvemen- to. Lidera o traballo de elaboración dunha estratexia común da UDC para a execución da Axenda 2030 e a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible. En canto á formación, cómpre unha mención singu- lar para as diferentes xornadas de sensibilización e formativas en materia de inmigración, persoas refu- xiadas, persoas sen fogar ou educación para o des- envolvemento etc, que se desenvolven ao longo do ano e nas que participaron 476 persoas, ademais dos cursos propios de formación para o voluntariado de nova incorporación.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==