MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 7 — memoria 2017 das Comunicacions (CITIC) como centro singular de investigacion de Galicia, captou 430.000€ para este ano, e a renovación da agrupación estratéxica CICA- INIBIC. Adicionalmente, durante o ano conseguiuse un total de 2,6 millóns de euros para infraestruturas de in- vestigación , como consecuencia da participación na última convocatoria competitiva do MINECO. Esta achega de infraestruturas, repartida entre centros de investigación e institutos, foi cofinanciada co 80% de fondos FEDER e co 20% restante mediante unha con- tribución da Secretaría Xeral de Universidades. No ambito de axudas competitivas da Consellería de Industria, debemos mencionar o traballo desenvol- to pola Unidade Mixta de Investigacion (UMI “Es- taleiro 4.0 o asteleiro do futuro” ) que a UDC ten coa empresa publica Navantia, xa que durante este 2017 conseguiu con exito un total de 17 accions de investigacion conxunta con esta firma nacional, o que supon a contratacion de 23 novos investigadores ,adscritos a UMI, e pertencentes a outros tantos gru- pos de investigacion do noso catalogo. Esta unidade mixta de investigación está a desenvol- ver o seu labor nas dependencias do CIT do campus de Ferrol. Ademais, cabe resaltar que esta relación coa empresa Navantia, que se pretende renovar en 2018, está a dar outras interesantes colaboracións, como son a formación cotutelada de doutores coa universidade australiana RMIT de Melbourne, finan- ciando diversos proxectos de investigación pola filial de Navantia-Australia. Contratos e convenios No eido da transferencia de investigacion e da tecnoloxia da investigacion ao tecido industrial, sa- lientamos que o numero de contratos con empresas e administracions publicas asinados por investigadores da UDC foi de 217, cifra mais baixa que o pasado ano, aínda que con maior custo medio por contrato. A maior parte destes contratos (139) xestionáronse a traves de Fundacion da Universidade da Coruna (FUAC). A cantidade total destes contratos con em- presas e administracions publicas superou os 3.1 millons de euros. Bolsas e contratos de investigacion No que respecta as bolsas e contratos de investigacion captadas polos investigadores, os datos son similares aos dos anos pasados, malia a diminucion das axudas FPI, que pasaron das cinco do 2016 a só dúas, en todo caso acordes coa falta de convocatorias novas de proxectos do MINECO resoltos este ano. Como iniciativa propia da UDC, posta en marcha durante o ano anterior, tivo lugar a segunda convo- catoria INTALENT , convenio asinado entre a nosa Universidade e a empresa Inditex para a captacion de investigadores. Este programa ten por finalidade contratar investigadores de prestixio internacional que poidan conseguir financiamento competitivo in- ternacional para a UDC. Nesta segunda convocatoria entraron dous novos investigadores. Cabe mencionar que a investigadora seleccionada na primeira con- vocatoria, Elena Pazos, conseguiu unha das axudas competitivas do proxecto Retos. Produción científica A produción científica, medida a partir dos documen- tos científicos publicados e recollidos en ISI Web of Science, segue nunha boa tendencia, con 916 arti- gos publicados en 2017, moi similar ao ano anterior, cando se batera o récord (924). Este cambio de ten- dencia no crecemento está compensado cun aumen- to na calidade das publicacións, máis presentes no primeiro cuartil (Q1) e pode vir motivado pola nova esixencia para a avaliación de sexenios de investiga- ción, que en varias áreas fai referencia a publicacións de maior calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==