MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— 8 — memoria 2017 Patentes Incrementouse o número de patentes solicitadas e concedidas. Concedéronse un total de 18 patentes (o ano 2016 concedéranse 8 patentes). En licenzas de sóftware obsérvase unha suba considerable do núme- ro de rexistros, que pasou dos 4 de 2016 a 15, de modo que se recuperou a tendencia doutros anos. Centros tecnolóxicos O labor desenvolto polos centros de investigación (CITIC, CICA, CITEEC e CIT) encamíñase a alcanzar o recoñecemento que a Xunta concede, mediante con- vocatoria competitiva, para agrupacións estratéxicas e centros singulares de investigación. Así, no que respecta ao CITIC, cómpre salientar a axuda como centro singular, que supón uns ingresos en 2017 de 430.000€. Os recursos por convocatorias competitivas de I+D+i increméntanse lixeiramente neste centro, pasando dos 4,1 millóns captados en contratos e convenios. Este incremento no financia- mento captado tamén se reflicte no aumento de pu- blicacións, que pasa de 420 a 510 este ano. Salienta o aumento das publicacións de maior calidade, as indexadas no índice JCR, que aumentaron de 90 no pasado ano as 128. No tocante ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), o traballo centrouse en renovar a agrupación estratéxica e poñer en marcha os labora- torios. Esta agrupación estratéxica, baixo o acronimo CICA-INIBIC, ten como misión crear un contorno multidisciplinar e sinérxico para dar resposta a retos biomédicos, tecnolóxicos e ambientais a través da in- vestigación, da formación e da transferencia de solu- cións integrais que xeren valor científico e económico e progreso social. O CITEEC conseguiu máis dun millón de euros en axudas estatais para infraestruturas e equipamento. O número de proxectos de investigación con soporte no CITEEC, pasou de catro conseguidos en 2016 a cinco, pero aínda así están lonxe dos nove do ano 2015. Compénsase co aumento dos convenios con empresas con soporte no CITEEC (28 convenios). O número de proxectos de investigación do CIT baixou este ano dos 25 aos 11. Este descenso vén motivado porque varios dos grupos do CIT están a colaborar moi activamente coa Unidade Mixta de In- vestigación con Navantia, que conta como un único proxecto, aínda que cun orzamento total superior aos 3 millóns de euros. Cátedras institucionais Asináronse tres novas cátedras institucionais, que veñen incrementar a necesaria colaboración coas empresas. A Cátedra Cosme Álvarez del Río (finan- ciada por Navantia) ten por obxecto regular a cola- boración estable entre a Universidade da Coruña e esta empresa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investiga- ción e a cultura. A cátedra Emalcsa , asinada coa Empresa Municipal de Augas de Coruña, supón para a UDC unha boa oportunidade de mostrar as súas capacidades e for- talezas no ámbito da xestión sustentable do recurso da auga nos tres ámbitos en que se apoia: ambiental, social e económico. Desde a visión da sustentabilida- de, os eixos clave de colaboración son o avance na definición de estratexias e metodoloxías para aplicar os principios da xestión integrada do recurso da auga no sistema de auga urbana. A Cátedra Everis de Transformación Dixital, adscrita á Facultade de Informática, ten como obxectivo cola- borar na docencia, investigación e transferencia tec- nolóxica e na empregabilidade dos estudantes para afondar na transformación dixital das organizacións pú- blicas e privadas. Prevese organizar cursos e obradoi-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==