MEMORIA 2017 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— 9 — memoria 2017 ros de temáticas técnicas (Big data, ciberseguridade, mobilidade, entre outros) e de orientación profesional. Docencia e innovación No curso 2017-2018 mantívose a oferta académica de graos. En total ofertáronse 37 graos , nas diferentes ramas de coñecemento: 5 en Artes e Humanidades, 2 en Ciencias, 5 en Ciencias da Saúde, 12 en Cien- cias Sociais e Xurídicas e 13 en Enxeñaría e Arquitec- tura. Varias destas titulacións son únicas no Sistema Universitario Galego. Tamén se mantivo a oferta de programas de simultaneidade, coa continuidade dos graos de Dereito e ADE; Turismo e Ciencias Empre- sariais; Bioloxía e Química; Ciencias Empresariais e Arquitectura Técnica; Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; e Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios, e Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; Inglés: Es- tudos Lingüísticos e Literarios, e Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; e os graos de Enxe- ñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica. Neste curso, igual que nos anteriores, todos os graos tiveron límite de prazas, por aplicación do Decreto 222/2010 da Xunta de Galicia. Polo que se refire aos mestrados universitarios, a Uni- versidade da Coruña dispón neste momento dunha oferta estable e equilibrada entre as distintas ramas de coñecemento. A oferta de nova matrícula para este curso foi de 51 mestrados . Hai que salientar que tres teñen a consideración de internacionais, xa que ou son titulacións conxuntas cunha universidade estranxeira ou teñen convenio de dobre titulación. No curso 2017-2018 implantáronse, logo da súa ve- rificación por parte da ACSUG, do informe favorable do Consello de Universidades e da autorización da Xunta, dous novos mestrados , resultado de distintas modificacións ás que foron sometidas titulacións que figuraron nalgún momento no catálogo da UDC: Mes- trado en Edificación Sostible e Mestrado en Fotónica e Tecnoloxías do Láser. Canto ao doutoramento, no curso 2017-2018 ofer- táronse un total de 36 programas de doutoramento pertencentes a diferentes áreas de coñecemento: 9 en Ciencias, 5 en Ciencias da Saúde, 7 en Ciencias Sociais e Xurídicas, 10 en Enxeñaría e Arquitectura e 5 en Artes e Humanidades. Defendéronse 163 teses de doutoramento , cun balance moi equilibrado por xéneros, como xa vén ocorrendo nos cinco últimos cursos. Esta cifra segue a estar por riba da media de teses anuais na UDC –situada ao redor de 120− debi- do ás condicións de extinción dos programas de dou- toramento establecidas no Real decreto 99/2011. Un total de 44 teses recibiron a Mención Internacional , para cuxa consecución están a resultar fundamentais as axudas para estadías de estudantes de doutora- mento financiadas polo programa Inditex-UDC . Na convocatoria do 2017 un total de 35 estudantes des- frutaron delas. Evolución da matrícula Canto á evolución da matrícula nas diferentes titula- cións, podemos establecer algunhas diferenzas im- portantes entre graos, mestrados e doutoramentos. O número de estudantes de graos experimentou un leve descenso, ao pasar de 13.913 no 2016 a 13.772 no 2017. Pódese explicar pola complexa situación socioeconómica actual que, co endurecemento das condicións de acceso as bolsas e coa caída demo- gráfica, provoca un descenso xeneralizado do núme- ro de universitarios. Non obstante, a evolución da matrícula nos mestrados e nos programas de douto- ramento da UDC é moi positiva. Confírmase a ten- dencia de crecemento ininterrompido dos últimos anos: pasouse dos 1.393 estudantes de mestrado matriculados en 2014 aos 1.838 en 2017, e dos 560 estudantes de doutoramento en 2014 aos 1.101 en 2017. Estamos, pois, nunha fase de consolidación da es- trutura completa das titulacións. O desenvolvemento pleno desta nova estrutura fai necesaria a avaliación

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==