MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XV — Introdución ción Industrial. No campus da Coruña, ofertouse por primeira vez como título oficial o mestrado en Produ- ción Xornalística e Audiovisual. A colaboración entre as universidades galegas ex- plica tamén parte dese incremento, pois puxéron- se en marcha tres mestrados interuniversitarios : Ciberseguridade, Biodiversidade Terrestre e Eco- nomía. Ademais, cómpre salientar que catro teñen a consi- deración de internacionais, xa que ou son titulacións conxuntas cunha universidade estranxeira ou teñen convenio de dobre titulación. No curso 2018-2019 implantouse o mestrado interuniversitario en Com- putación de Altas Prestacións , que nalgún mo- mento figurou no catálogo da UDC e que xa desde este curso ten un acordo de dobre titulación coa École Internationale des Sciences du Traitement de l’Information (EISTI). Canto ao doutoramento , no curso 2018-2019 ofer- táronse un total de 36 programas: 8 en Ciencias, 5 en Ciencias da Saúde, 8 en Ciencias Sociais e Xurí- dicas, 10 en Enxeñaría e Arquitectura e 5 en Artes e Humanidades. O número de teses defendidas en 2017-2018 foi de 89, cun balance moi equilibrado por xéneros, como xa vén ocorrendo nos cinco últi- mos cursos. Un total de 40 teses recibiron a Men- ción Internacional , para cuxa consecución están a resultar fundamentais as axudas para estadías de estudantes de doutoramento financiadas polo pro- grama Inditex-UDC, das que se beneficiaron 33 es- tudantes . n Matrícula O alumnado total das titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento suma preto de 17.000 estudantes entre os campus da Coruña e de Ferrol. Outros 261 alumnos e alumnas están matriculadas en posgraos propios e case mil persoas máis reci- ben formación a través da Universidade Sénior , ta- mén nos dous campus. Na evolución da matrícula nas diferentes titulacións da UDC, podemos establecer algunhas diferenzas entre graos, mestrados e doutoramentos. O número de estudantes de graos experimentou un leve des- censo, ao pasar de 13.772 no 2017-2018 a 13.681 no 2018-2019. Pódese explicar pola complexa situación socioeconómica actual e pola caída demográfica, que provocan un descenso xeneralizado do número de estudantes universitarios. Por contra, a evolu- ción da matrícula nos mestrados é moi positiva . Confírmase a tendencia de crecemento ininterrom- pida dos últimos anos: pasouse dos 1.372 estudan- tes de mestrado no curso 2014-2015 aos 1.976 no 2018-2019. Canto aos estudantes de doutoramento, a matrícula incrementouse un 8% en relación co cur- so 2017-2018. Estamos, pois, nunha fase de consolidación da es- trutura completa das titulacións. O seu desenvolve- mento pleno fai necesaria a avaliación continua do impacto das novas actividades e, en consecuencia, a formulación, a través da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Innovación Docente, de distintas refor- mas das normativas académicas para acomodalas ás necesidades organizativas e de recursos dos centros e aos cambios das lexislacións estatal e autonómi- ca. Estas novas adaptacións só foron posibles pola colaboración e polo traballo dos equipos directivos das diferentes facultades e escolas implicadas, da Escola Internacional de Doutoramento , así como da comunidade universitaria no seu conxunto. A oferta de títulos propios seguiu incrementándose, debido ao interese de diversas institucións e em- presas, nuns casos, ou ben como consecuencia da proposta de membros da comunidade universitaria, tratando de responder de forma inmediata e áxil ás necesidades culturais, científicas e profesionais do contorno social.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==