MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XVI — memoria 2018 n Calidade e avaliación Renovaron a súa acreditación catro títulos de mes- trado da UDC ou coordinados por nós. A Unidade Técnica de Calidade (UTC) e Innovación Docente, traballou na revisión, actualización e modificación dos sistemas de garantía interna de calidade (SGIC) dos centros e da Escola Internacional de Doutoramento, en colaboración cun grupo de traballo intercentros, constituído polos/as responsables de Calidade dos centros que teñen certificada a implantación do SGIC. A UTC tamén proporcionou apoio na xestión da solicitude do selo internacional de calidade EURO- ACE para os dous graos que se imparten na ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos: Tecnoloxía da Enxeñaría Civil e Enxeñaría de Obras Públicas. Os dous graos obtiveron este selo sen recomenda- cións nin prescricións da comisión de acreditación correspondente. Así mesmo, publicouse a sétima convocatoria do programa Docentia , no que se avaliaron 95 profe- sores. Cómpre facer unha consideración positiva dos resultados das valoracións finais, pois un 46,32% lo- grou unha valoración de excelente; un 52,64%, de notable; e un 1,06%, de aceptable. O Centro Universitario de Formación e Inno- vación (CUFIE) está a remodelar os plans de for- mación para PDI, estudantes e profesorado novel, dándolles prioridade aos cursos relacionados coas tecnoloxías aplicadas á docencia, coa docencia vir- tual e coas novas ferramentas de Office365 que a UDC acaba de poñer á disposición do seu persoal. Durante o curso 2017-18 lanzouse unha nova convo- catoria de proxectos de Aprendizaxe-Servizo, que deu como resultado a aprobación e certificación de 17 proxectos . A finais de ano certificáronse 70 gru- pos de innovación docente , cuxa actividade foi ava- liada favorablemente por unha comisión de expertos. Paa pechar este apartado sobre calidade, quero lembrar que en febreiro se publicou a primeira con- vocatoria para a elaboración de cursos MOOC da UDC. O MOOC Música para el s. XXI: aportaciones del s ó ftware libre a la educación musical , elaborado en colaboración coa Universidade de Cádiz, foi reco- ñecido cun dos premios Innovación MiríadaX 2018. n Internacionalización O proceso de internacionalización, estratéxico para a UDC, estámolo canalizando a través da Vicerreito- ría de Internacionalización e Cooperación e seguin- do tres eixes. O primeiro deles atinxe aos programas de mobili- dade e de intercambio de estudantes e de persoal docente e de administración dentro das accións Erasmus+ K103 (mobilidade entre países do progra- ma Erasmus+) e K107 (entre países do programa e outros países asociados). Ademais de artellar novas canles de información para o estudantado, incremen- tamos o número de meses con bolsa para mobilida- des anuais e para estudantes en prácticas (mesmo financiando estadías de ata dez meses). Igualmente, as accións para aumentar a mobilidade do persoal in- crementaron as cantidades concedidas inicialmente para este fin polo Ministerio de Educación. Unha segunda liña inclúe medidas para fomentar a internacionalización dos nosos campus da Coruña e de Ferrol. Promovemos as titulacións duplas ou conxuntas, así como a participación en proxectos das iniciativas europeas KA2 (cooperación para a innovación e intercambio de experiencias entre or- ganizacións de diferente tipo), KA3 (reforma de polí- ticas educativas) e “capacity building” con socios de fóra da Unión Europea. Incluímos aquí o progreso do Plan de apoio lingüís- tico para a docencia en inglés , con novos cursos de mellora e o seguimento de profesorado en pro-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==