MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XVII — Introdución ceso de formación. Mantemos unha tendencia á alza no número de profesores e profesoras participantes no plan e igualmente no número de créditos impar- tidos en inglés, tal como se reflicte nos correspon- dentes cadros desta memoria. n Recursos para investigación Sendo tanto a investigacion como a transferencia apostas estratexicas desta universidade, que se coordinan desde a Vicerreitoria de Politica Cientifica, Investigacion e Transferencia, estamos centrados en promover a excelencia cientifica e a especializacion investigadora, como eixes basicos que, xunto coa transferencia, posibiliten a mellora do posiciona- mento da UDC en campos de alto valor estratéxico. A captacion de recursos externos para investigacion durante 2018 ascendeu a preto dos 12,17 millons, isto é, un aumento de máis dun millón de euros res- pecto do ano anterior. Esta tendencia gradual na consecución de fondos está determinada pola re- solución de proxectos estatais que se convocan de forma cíclica, en especial no caso das infraestrutu- ras. Cómpre salientar a subida experimentada nas convocatorias europeas, onde os grupos da UDC pasaron de 1,2 millóns de euros do 2017 a 2 millóns. O incremento nos proxectos europeos compensa a diminución en proxectos estatais e da Xunta, xa que en 2018 non se resolveron a maioría das súas convo- catorias, que quedan pendentes para 2019. No tocante a outras axudas de investigacion, hai que salientar que a Secretaria Xeral de Universidades da Xunta convocou e resolveu axudas para grupos de referencia competitiva e grupos de potencial crece- mento. Concederonse cinco grupos de potencial crecemento e dez de referencia competitiva, que conseguen en total preto dos 3 millóns de euros. A esta cifra hai que lle engadir os recursos captados polos centros de investigación, ás que me referirei máis adiante. Adicionalmente captouse un total de 2,16 millóns para infraestruturas de investigación, como con- secuencia da participación na última convocatoria competitiva do MINECO. Esta achega, repartida entre centros de investigación, Servizo de Apoio á Investigación e Instituto de Medio Ambiente foi co- financiada co 80% de fondos FEDER e co 20% res- tante mediante achega da Secretaría Xeral de Uni- versidades da Xunta de Galicia. Ten especial relevancia a consolidación da Unida- de Mixta de Investigacion ( UMI “Estaleiro 4.0 o estaleiro do futuro ”) que a UDC ten coa empresa publica Navantia e que renovou ata finais do 2021. Foi presentada na última convocatoria competitiva da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conce- dida en novembro de 2018, cun orzamento total de 2,59 millóns de euros. Navantia achega 1,5 millóns e a Xunta o 30%. Conta cun total de 17 contratos de investigadores en formación, pertencentes a di- ferentes grupos de investigacion do noso catalogo. Desenvolve o seu labor nas dependencias do Centro de Investigacións Tecnolóxicas do campus de Ferrol. Por outro lado, o numero de contratos con empre- sas e administracions publicas asinados polos no- sos investigadores foi de 273, máximo histórico da UDC , cun importe total de 4,4 millóns. A maior par- te destes contratos (155) xestionounos a Fundacion da Universidade da Coruna (FUAC). n Bolsas e contratos de investigacion No que respecta as bolsas e contratos de investigacion captados polos investigadores da UDC, os datos son similares aos dos anos pasa- dos, cun lixeiro aumento en todas as convocatorias. Cómpre salientar a cifra das axudas predoutorais, que pasaron dun total de 41 en 2017 a 55 en 2018. Realizouse a terceira convocatoria do programa In- Talent , un convenio asinado coa empresa Inditex
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==