MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XVIII — memoria 2018 para captacion de talento, cuxa finalidade é contratar investigadores de prestixio internacional que poidan conseguir financiamento competitivo internacional para a UDC. Nesta convocatoria foron seleccionados dous novos investigadores (José Antonio Iglesias e Mónica Ferrín). A investigadora seleccionada na pri- meira convocatoria, Elena Pazos, conseguiu este ano ser finalista dun starting grant dos proxectos ERC. Pola súa banda, a investigadora seleccionada en 2018, Mónica Ferrín, obtivo unha das axudas Ramón y Cajal da última convocatoria estatal. n Produción científica e patentes A produción científica, medida a partir dos docu- mentos científicos publicados con índice de impac- to JCR e recollidos na Web of Science, segue nunha boa tendencia ascendente, con 950 artigos publica- dos este ano, algo superior aos 932 de 2017 e ba- tendo tamén o récord absoluto de publicacións da UDC . A tendencia positiva de publicacións JCR re- sulta máis notable comparándoa cos datos de 2015, cando se rexistraron 569 publicacións. O número de patentes solicitadas e concedidas por investigadores da UDC tamén aumentou e alcanzou o total de 23 concedidas, aínda que esta subida pode estar marcada polo cambio no criterio para a solicitude que puido acelerar a presentación. No caso das licenzas de s ó ftware obsérvase unha cifra similar ao ano anterior, con 15 licenzas tramitadas. n Centros de investigación O labor desenvolto polos centros de investigación (CITIC, CICA, CITEEC e CIT) encamíñase a alcanzar o recoñecemento que a Xunta concede, previa con- vocatoria competitiva, para agrupacións estratéxi- cas e centros singulares de investigación. Así, no que atinxe ao CITIC , destaca a axuda como centro singular , que supón uns ingresos este ano de 430.000€. Os recursos por convocatorias com- petitivas de I+D+i incrementáronse lixeiramente neste centro. Pasaron dos 4,1 millóns captados en contratos e convenios de 2017 aos 4,5 millóns neste exercicio. O incremento tamén se reflicte no número de publicacións, que pasa das 134 do ano anterior ás 141 de 2018. Resalta o aumento nas publicacións de maior calidade, as indexadas no índice JCR, que aumentaron de 128 no pasado ano as 138 neste ano 2018. No tocante ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), conseguiuse renovar a agrupa- ción estratéxica co INIBIC cunha moi boa puntua- ción. Esta agrupación, de carácter multidisciplinar e sinérxico, creouse para lles dar resposta aos retos biomédicos, tecnolóxicos e ambientais a través da investigación, da formación e da transferencia de solucións integrais. O número de proxectos do CICA é moi similar aos do ano anterior, cun montante de 1,6 millóns de euros e cunha considerable suba no número e no importe de contratos, pois pasaron de 390.000 euros aos 1,3 millóns de 2018. O CITEEC conseguiu tamén o selo de agrupación estratéxica na última convocatoria da Xunta de Ga- licia e un total de 400.000 euros para poñer en mar- cha distintas accións para optar ao seguinte nivel, o de centro singular. Deste presuposto, 100.000 eu- ros foi o financiamento para 2018 e o resto para os dous anos seguintes. O número de proxectos de in- vestigación con soporte no CITEEC subiu a 36 (tres máis que no exercicio anterior). O Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) de Ferrol concorreu, igualmente, á última convocatoria de agrupacións estratéxicas baixo o nome de Ci3 (Centro de Investigación en Industria Intelixente). Esta agrupación quedou ás portas do mínimo ne- cesario para obter o selo de agrupación estratéxica (68 puntos, co corte en 70). Ao ser o centro mellor valorado dos que non obtiveron a cualificación ne-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==